Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Idiomas do mundo 2018

Información xeral
Descrición

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Xustiza Social e Coidados, convoca o programa educativo “Idiomas do Mundo”, no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2018, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). O programa, ademais, permitirá ao alumnado a súa participación nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación dos participantes no respecto á diversidade e á igualdade, ao tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.

DESTINOS

  • Irlanda/Reino Unido (inglés): prazas por determinar
  • Portugal (portugués): prazas por determinar
  • Francia (francés): prazas por determinar
  • Alemaña (alemán): prazas por determinar

As cidades de destino e a distribución das prazas están condicionados á oferta da empresa adxudicataria do contrato de xestión do programa.

Persoas destinatarias

Alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, residente na Coruña.

REQUISITOS DOS/DAS SOLICITANTES: Unha vez que se aproben as bases da edición 2017-18 publicaremos os requisitos.

Período de realización

4 semanas de duración durante o verán de 2018 (de preferencia o mes de xullo)

Condicións do programa

SERVIZOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA

a) Cando menos, unha xornada informativa, de preparación específica, para o alumnado participante no programa.

b) Manual do Estudante.

c) Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até o destino asignado a cada alumna/o participante. No seu caso, incluirase no prezo do billete a facturación dunha maleta. Nestas viaxes, o alumnado estará acompañado por monitoras/es.

d) Estancia no país de destino durante o período correspondente á estadía, vivindo en familia en réxime de pensión completa. O domicilio da familia non poderá estar a unha distancia (medida en tempo de desprazamento) superior a 50 minutos en transporte público ao respecto do centro de estudos. No caso de que o domicilio estea situado a máis de 2 quilómetros do centro de estudos, facilitarase opción de transporte público entre o domicilio e o centro de estudos, sen custe para a/o participante.

e) Clases intensivas do idioma correspondente no país de destino (acordes ao nivel previo da/o alumna/o); un mínimo de 15 horas semanais entre luns e venres, agás festivos. O profesorado será nativo ou terá acreditado un nivel C2 do MCERL. O máximo de alumnas/os por grupo será de 15.

f) Material escolar para as clases.

g) Actividades culturais e lúdicas: un mínimo de dúas semanais.

h) Seguimento e control, por persoal especializado, da vida da/o alumna/o na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico no centro, así como da súa vida social.

i) Realización de proba oficial acreditativa do nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

j) Seguro de responsabilidade civil para as/os participantes, cun importe global de 45 000,00 €.

Custo

TIPOS DE BOLSAS

Bolsa total. Serán beneficiarias/os de bolsa total as/os participantes seleccionadas/os que non superen os 9 000,00 € anuais de renda per cápita. (por confirmar nas bases)

Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000,00 € anuais per cápita. (por confirmar nas bases)

Inscrición centros

A través da ficha xeral do centro, do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

O prazo de presentación de solicitudes e documentación: marzo/abril de 2018 (por determinar)

Inscrición en liña a través da ficha específica Idiomas do Mundo, indicando o idioma ou idiomas para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia.

Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que debe de imprimir o solicitante. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, indicando como solicitante os datos do/a alumno/a.

Máis información

REUNIÓN INFORMATIVA PARA O ALUMNADO INTERESADO E AS SÚAS FAMILIAS: (data por determinar), ás 19:00h no Centro Cívico Municipal dos Mallos

Centros onde se oferta

Centros de ESO e bacharelato do concello da Coruña

Inscrición
Inscrición centros

A través da ficha xeral do centro, do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

O prazo de presentación de solicitudes e documentación: marzo/abril de 2018 (por determinar)

Inscrición en liña a través da ficha específica Idiomas do Mundo, indicando o idioma ou idiomas para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia.

Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que debe de imprimir o solicitante. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, indicando como solicitante os datos do/a alumno/a.

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación.

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

T: 981 184 200. Ext: 12038 e 12043