Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Bolsas de estudos Junior Year 2018-2019

Información xeral
Descrición

Programa no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE.UU. ―equivalente a 1º de Bacharelato― así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Asemade, constitúe o obxecto do programa a educación das persoas participantes no respecto á diversidade cultural, racial, sexual... e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Este programa educativo realizarase por medio da concesión de bolsas.

Neste curso disponse de 60 prazas.

Entregaranse uns cartos de peto para gastos persoais do alumnado

Persoas destinatarias

Alumnado do Concello da Coruña que estea cursando 4º de ESO durante o curso 2017/18 e estean en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2018/19.

REQUISITOS:

Unha vez que se aproben as bases da edición 2018-19 publicaremos as condicións do programa.

Período de realización

O programa comezará en agosto de 2018 e finalizará en xuño de 2019, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

Condicións do programa

BAREMACIÓN

  1. Características persoais do/a estudante para vivir durante un curso académico cunha familia diferente á propia no contexto social e académico da cultura norteamericana.
  2. Cualificación media obtida en 3º de ESO.
  3. Cualificación final da materia de lingua estranxeira (inglés) en 3º de ESO.
  4. Ingresos económicos familiares.
  5. Discapacidade do participante, pai, nai ou irmán/a ou calquera outro membro que integre a unidade familiar, igual ou superior ao 33%.

Custo

O alumnado que participe no programa poderá ser beneficiario dunha bolsa total ou dunha bolsa parcial.

As persoas beneficiarias de bolsa parcial deberán realizar unha achega que variará en función da situación económica familiar.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

A documentación presentarse nos rexistros municipais.

• O prazo de presentación da documentación e apertura da ficha específica está por determinar.

• O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Ficha de solicitude específica “CORUÑA NO MUNDO: BECAS DE ESTUDO JUNIOR YEAR. 18-19”

- Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

  • Rexistro xeral do pazo de María Pita. Rúa Praza de María Pita, 1
  • Rexistro xeral municipal do Fórum Metropolitano. Rúa Rio Monelos, 1
  • Rexistro centro sociocultural Ágora. Rúa Ágoras, s/n.
  • Rexistro do Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa os Ancares, 5.
Máis información

O Servizo Municipal de Educación realizará una reunión informativa ante de abrir o prazo de inscrición (datas por determinar)

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

A documentación presentarse nos rexistros municipais.

• O prazo de presentación da documentación e apertura da ficha específica está por determinar.

• O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Ficha de solicitude específica “CORUÑA NO MUNDO: BECAS DE ESTUDO JUNIOR YEAR. 18-19”

- Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

  • Rexistro xeral do pazo de María Pita. Rúa Praza de María Pita, 1
  • Rexistro xeral municipal do Fórum Metropolitano. Rúa Rio Monelos, 1
  • Rexistro centro sociocultural Ágora. Rúa Ágoras, s/n.
  • Rexistro do Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa os Ancares, 5.
Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao

Tel. 981 184 200 ext. 12047

educacion@coruna.es