Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

VI Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2017

Información xeral
Descrición

Acción de dinamización lingüística consistente nun certame de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademais da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

Por segundo ano realizarase de novo, para o alumnado interesado en participar no certame, unha acción formativa de 4 horas de duración: “II OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á INTERPRETACIÓN DE MONÓLOGOS", a celebrar o sábado 25 de novembro de 2017, de 17 a 21 h, no Ágora, impartido polo actor e monologuista Victor Grande.

A participación é voluntaria e a inscrición gratuita do 2 ao 17 de novembro, a través da ficha específica, na que constarán os seguintes datos: nome e apelidos, NIF/NIE, idade, teléfono e correo electrónico de contacto, centro educativo, nivel, curso e grupo. E se é menor de idade, permiso dos seus pais ou titores legais.

A adxudicación farase pola orde de chegada das inscricións.

Persoas destinatarias

Alumnado de ESO, Bacharelato e FP dos IES, CIFP e dos centros concertados e privados do Concello.

Período de realización

Mércores 20 de decembro de 2017, no teatro Rosalía de Castro.

Condicións do programa

Os monólogos tratarán temas de actualidade elixidos polos técnicos do Servizo Municipal de Educación en tres categorías diferentes:

  • Categoría A: alumnado de 1.º e 2.º curso da ESO
  • Categoría B: alumnado de 3.º e 4.º curso da ESO
  • Categoría C: alumnado de bacharelato e ciclos formativos de FP.

Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos.

Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.

Cada grupo estará integrado por un máximo de tres alumnos/as e representará un só monólogo.

  • 1.º e 2.º de ESO
  • 3.º e 4.º de ESO
  • Bacharelato e Ciclos Formativos

Os participantes menores de idade teñen que presentar unha autorización paterna ou do seu titor/a legal, acompañada da fotocopia do DNI da persoa que a asine.

Horario

A partir das 17:00 h.

Custo

Gratuíto.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 2 ao 17 de novembro de 2017

Inscrición alumnado

Do 2 ao 17 de novembro de 2017 a través da ficha específica

A inscrición debe incluír os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as do monólogo, DNI, enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico de cada alumna/o, curso e centro en que estuda e título do monólogo.

O prazo para enviar os monólogos, por correo electrónico a educación@coruna.es, finalizará o 5 de decembro de 2017. No envío, deben figurar: o título do monólogo, o nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as e a categoría en que participan.

Centros onde se oferta

IES, CIFP e centros concertados e privados do Concello da Coruña.

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 2 ao 17 de novembro de 2017

Inscrición alumnado

Do 2 ao 17 de novembro de 2017 a través da ficha específica

A inscrición debe incluír os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as do monólogo, DNI, enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico de cada alumna/o, curso e centro en que estuda e título do monólogo.

O prazo para enviar os monólogos, por correo electrónico a educación@coruna.es, finalizará o 5 de decembro de 2017. No envío, deben figurar: o título do monólogo, o nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as e a categoría en que participan.

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

Tel: 981 184 200. ext: 12038

educacion@coruna.es