Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego

Información xeral
Descrición

Acción de dinamización lingüística consistente nun obradoiro, en horario extraescolar, para aprender a redactar un guión e gravar unha curtametraxe empregando como lingua vehícular o galego.

O obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega asi como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais.

Persoas destinatarias

Escolares dos centros educativos públicos da cidade que estean cursando 5º e 6º de Primaria.

Período de realización
  • Primeiro trimestre: Do 2 de outubro de 2017 ao 25 de xaneiro de 2018
  • Segundo trimestre: Do 5 de febreiro ao 26 de abril de 2018
Condicións do programa

Só poderán participar catro grupos por trimestre, un por cada modalidade de horario.

Os grupos formaranse cun mínimo de 5 escolares e un máximo de 15. A adxudicación das prazas realizarase por rigurosa orde de inscrición. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.

Horario
  • Luns e mércores, de 16.00 a 16.50 h
  • Luns e mércores, de 17.10 a 18.00 h
  • Martes e xoves, de 16.00 a 16.50 h
  • Martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h
Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica.

O alumnado poderá realizar a súa inscrición previa a través da ANPA ou a dirección do centro, segundo sexa o caso.

  • Primeiro trimestre: Do 11 ao 30 de setembro de 2017
  • Segundo trimestre: Do 8 ao 26 de xaneiro de 2018.

A semana do 15 ao 18 de xaneiro, o monitor do obradoiro (Omar Rabuñal) presentará o contido do obradoiro ao alumnado de 5º e 6º cursos de cada centro inscrito e o alumnado interesado fará a súa inscrición no ANPA ou no centro (segundo corresponda) antes do 26 de xaneiro.

Novidades para este curso

As curtametraxes gravadas serán presentadas nunha gala final, o Festival de Curtas Opera Prima, que terá lugar en maio de 2018 no Ágora. As curtas gravadas no primeiro trimestre serán seleccionadas para participar no Festival CinEOI Coruña 2018.

O alumnado recibirá un diploma expedido polo Concello da Coruña sobre a realización do curso, sempre e cando a súa asistencia o xustifique.

Centros onde se oferta

CENTROS PARTICIPANTES NO SEGUNDO TRIMESTRE:

- CEIP Rosalía de Castro: luns e mércores, de 16 a 16.50 h

- CEIP Raquel Camacho: luns e mércores, de 17.10 a 18 h

- CEIP Eusebio da Guarda: martes e xoves, de 16 a 16.50 h

- CEIP Curros Enríquez: martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica.

O alumnado poderá realizar a súa inscrición previa a través da ANPA ou a dirección do centro, segundo sexa o caso.

  • Primeiro trimestre: Do 11 ao 30 de setembro de 2017
  • Segundo trimestre: Do 8 ao 26 de xaneiro de 2018.

A semana do 15 ao 18 de xaneiro, o monitor do obradoiro (Omar Rabuñal) presentará o contido do obradoiro ao alumnado de 5º e 6º cursos de cada centro inscrito e o alumnado interesado fará a súa inscrición no ANPA ou no centro (segundo corresponda) antes do 26 de xaneiro.

Contacto
Información de contacto

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

T: 981 184 200 ext. 12038