Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

IV Festival de curtas Ópera Prima 2018

Información xeral
Descrición

Festival no que se proxectarán as curtametraxes gravadas polo alumnado de 5º e 6º de E. Primaria dos centros educativos da cidade participantes nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”, coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés.

Persoas destinatarias

Alumnado de 5º e 6º de E. Primaria dos centros educativos da cidade participantes nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”.

Período de realización

Mércores 30 de maio de 2018 (por confirmar), no centro Ágora.

Condicións do programa

Participar no programa “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”.

Horario

De 19:00 a 21:00 h (por confirmar)

Custo

Entrada gratuita

Máis información

As curtametraxes realizadas no 1º trimestre do curso 2017/18 serán seleccionadas para participar no 'Festival CinEOI Coruña 2018', na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. E as realizadas no 2º trimestre participarán no devandito Festival de 2019.

O alumnado participante recibirá un diploma da realización do obradoiro e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo taller de cerámica “Kerámicos” da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).

Centros onde se oferta

CEIPs do concello da Coruña

Contacto
Información de contacto

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext. 12038

Fax: 981 184 370