Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

II Obradoiro de introdución á interpretación de monólogos cómicos

Información xeral
Descrición

Acción formativa de 4 horas de duración, impartida polo actor, cómico e guionista Victor Grande, que ten como objectivo axudarlles a pulir os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica no“VI CERTAME DE MONÓLOGOS CÓMICOS EN GALEGO 2017”.

Contidos do obradoiro:

- Técnicas básicas para escribir comedia

- Estructura do gag

- Formas de mellorar un texto cómico

- Cómo interpretar un texto cómico de forma natural

- Reglas non escritas en comedia e cómo rompelas

- Trucos e experiencias persoais para actuar diante do público

Persoas destinatarias

Alumnado de ESO, Bacharelato e FP interesado en participar nol VI Certame de Monólogos cómicos en Galego 2017

Período de realización

Sábado 25 de novembro de 2017, no Ágora.

Condicións do programa

A adxudicación farase por orde de chegada das inscricións. E haberá unha listaxe de agarda no caso de que haxa máis solicitantes que prazas.

As listaxes de persoas admitidas e de agarda serán publicadas a semana anterior ao obradoiro.

O alumnado participante menor de idade ten que presentar unha autorización paterna ou do seu titor/a legal, acompañada da fotocopia do DNI da persoa que a asine.

Horario

De 17 a 21 h.

Custo

Gratuito

Inscrición alumnado

A través da ficha específica, do 2 ao 17 de novembro de 2017

Máis información

Víctor Grande (Ourense, 1979). Cómico e guionista. Comezou a súa carreira de cómico en 2001 e desde entón percorre salas e teatros de toda España co seu humor acedo e a súa guitarra zurda. Actualmente xira con varios shows distintos: La Vida Pasa Volando (Stand-up), 20 cancións de humor e un poema desesperado (show cómico musical), Inmedioteces (improvisación teatral) e Polo humor de dous (dúo cómico con Pedro Brandariz).

Ademais, é o coordinador das seccións de humor de Radio Coruña Cadea SER, participando semanalmente en La ventana e Hoy por hoy A Coruña e presenta o magazine de humor Ojo cuidao! na mesma casa.

En televisión presentou Ou Agasallo (2017, TVG), foi finalista de Tú si que vales (2013, Telecinco), participou en Land Rober (TVG) e foi actor na serie Fontealba (2017, TVG).

Escribiu e dirixiu a webserie de humor Galicia Crime, gañadora do "Mestre Mateo 2017 á Mellor Webserie". Tamén escribiu varias pezas de microteatro, a obra teatral "Exitus" e infinidade de sketchs, relatos e guións para terceiros.

Desde 2010 imparte cursos e talleres de escritura de comedia por toda Galicia con gran éxito, xa que moitos dos seus participantes conseguiron facerse un oco na comedia galega.

Abriu un blog sobre comedia que serve como apoio ás súas clases en cursodecomedia.com

Centros onde se oferta

IES, CIFP e centros concertados e privados do concello da Coruña

Inscrición
Inscrición alumnado

A través da ficha específica, do 2 ao 17 de novembro de 2017

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel

Teléfono : 981 184 200 ext. 12038

educacion@coruna.es