Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas escolares á exposición-obradoiro “Converxencias Arte e Ciencia”

Información xeral
Descrición

A exposición “Converxencias Arte e Ciencia”, organizada pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

O obxectivo fundamental dos obradoiros-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento o compoñente didáctico e divulgativo para achegarse ao público xeral e, especialmente, á xente nova. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas). Isto é, unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos que impliquen ambos os polos.

Para explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo. A viaxe iníciase na arte castrexa, centrándose especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos, e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota obradoiro-exposición, coa seguinte estrutura:

· Presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.

· Parte expositiva:

- paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.

- obras de arte dixital impresas en 3D.

· Obradoiros para implementar a parte expositiva.

En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes obradoiros:

- teselar con polígonos

- xogando co polindrón

- creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose...

- tramas e ilusións ópticas

- espirais de Fibonacci

- banda de Möebius

Lugar de realización

Centro Ágora, no lugar de Gramela núm. 17, 15010 A Coruña.

Persoas destinatarias

Preferentemente para o alumnado de ESO, FP e Bacharelato.

Coa posibilidade de adaptar a sesión para 5.º e 6.º de educación primaria e da Escola de Arte e da Universidade da Coruña.

Período de realización

12 de xaneiro de 2018: Inauguración e posterior presentación animada de Juan Gris seguida de visita abreviada, especialmente para o profesorado e para o público xeral.

Do 15 ao 19 de xaneiro: visitas e obradoiros para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9.00 a 11.00 h, de 10.45 a 12.45 h e de 12.30 a 14.30 h.

Do 15 ao 18 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

Condicións do programa

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.

Sería conveniente que o profesorado asistira á inauguración e á visita abreviada o 12 de xaneiro para orientar a visita e os contidos do obradoiro en función das características e intereses do grupo. En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org.

Custo

Gratuíto.

O servizo de transporte para as visitas dos centros educativos do concello da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.

Inscrición centros

A través da ficha de inscrición que se atopa na web http://www.igaciencia.eu/node/274.

Prazo de inscrición: do 15 ao 30 de novembro para os centros educativos do concello da Coruña.

A partir das 9.00 h do día 15 cando poderase ver o calendario de ocupación, que se irá cubrindo progresivamente.

No caso de que queden prazas libres, do 1 ao 15 de decembro para os centros educativos doutros concellos.

Centros onde se oferta

Centros educativos de educación secundaria e primaria do concello da Coruña.

No caso de que queden sesións sen cubrir, abrirase a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Inscrición
Inscrición: Aberta Inscribirse
Inscrición centros

A través da ficha de inscrición que se atopa na web http://www.igaciencia.eu/node/274.

Prazo de inscrición: do 15 ao 30 de novembro para os centros educativos do concello da Coruña.

A partir das 9.00 h do día 15 cando poderase ver o calendario de ocupación, que se irá cubrindo progresivamente.

No caso de que queden prazas libres, do 1 ao 15 de decembro para os centros educativos doutros concellos.

Contacto
Información de contacto

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

SME

Ana Judel

educacion@coruna.es

Tfno.: 981 184 200 ext. 12038