Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Concurso sensores para todos 2018

Información xeral
Descrición

Sensores para todos, organizado pola Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) co patrocinio do Concello da Coruña, é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e o uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

Centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberry Pi, Smartphones e Tablets (Android ou IPHONE) e Robots Leigo ou Mbot. Pero tamén aplicacións con GPS e, porque non, Internet das Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.

Pode ser que algúns centros xa teñan algún Lego NXT, ou EV3 (que tamén serven para preparar aos mozos para os concursos de robótica de IGACIENCIA e EducaBarrié); ou ben, un Arduino con varios sensores; ou un Raspberri Pi para aprender a programar; ou ben recibiron unha serie de mbots da Consellería; e o alumnado ten móbiles intelixentes.

Trátase de darlle unha nova e inesperada función a estes materiais, por exemplo: facer recollida de datos ("datalogging") e representar os resultados de varios experimentos científicos; formular e responder con datos a varias preguntas; coñecer novas leis científicas; manexar Calc ou Excel para facer representacións gráficas que permitan sacar conclusións dos datos recolleitos polos sensores;...

Persoas destinatarias

Alumnado de E. Primaria e Secundaria (ESO, bacharelato e FP de grao medio)

Período de realización

Curso escolar 2017/18

Unha vez realizada a preinscrición, os equipos poderán dispoñer de asesoramento en liñea, a través da web http://www.igaciencia.eu.

No caso de que a organización o considerase necesario, convocaríase unha reunión informativa e de seguimento no mes de xaneiro de 2018.

Entrega de premios: xuño de 2018 (data por confirmar)

Condicións do programa

Os grupos de alumnos e alumnas terán un mínimo de dous membros, e estarán coordinados por algún profesor ou profesora do centro no que estudan.

A presentación do proxecto formularase como se fose dirixida a compañeiros da idade dos autores.

Admítense diversidade de formatos: soporte papel, multimedia, material gráfico elaborado e/ou multimedia que reflicta tamén a recollida e procesamiento de datos.

Premios:

Material de informática-tecnoloxía para os centros educativos cun importe máximo de 300€ no caso do primeiro premio e 200€ no caso do segundo premio.

Se o proxecto resulta premiado terase que acudir ao acto de entrega de premios (na Coruña en xuño de 2018) e efectuar a súa presentación polo equipo de autores, para iso disporase de 5 minutos por proxecto.

Un centro non pode recibir máis que 1 premio por concurso. Se un centro educativo presenta varios proxectos de nivel semellante e correspóndelles un dos premios, pode adxudicarse ao conxunto dos proxectos presentados.

Xurado:

Constituido por un representante da entidade patrocinadora, Concello da Coruña e/ou dos membros de IGACIENCIA. A decisión do jurado é inapelable.

Custo

Gratuíto, excepto o desprazamento ao acto de entrega de premios que correrá cargo dos equipos gañadores.

Inscrición centros

Enviando un correo electrónico a secretaria@igaciencia.org

Prazo de preinscrición: de 15 de outubro a 15 de maio de 2018, remitindo os seguintes datos: título do proxecto, autores (nome e apelidos, curso, centro educativo) e profesorado que coordina o proxecto (nome e apelidos, especialidade).

Prazo de recepción dos proxectos: 30 de maio de 2018.

Coa seguinte información:

1. Ficha do proxecto, na que se indique:

  • Título e un breve resumo do proxecto
  • Autores: nome e apelidos, curso, centro educativo
  • Profesorado que coordinou o proxecto
  • Descrición e gráfico da montaxe: desenvolvemento do proceso e as súas dificuldades; e análise de resultados e conclusións.

2. Número de cuestións ás que responde e a súa calidade.

3. A programación efectuada, no seu caso.

4. Breve presentación (video, ppt, odt...)

Centros onde se oferta

Centros educativos de E. Primaria e Secundaria de Galicia

Entidades colaboradoras

IGACIENCIA. Manuel Díaz secretaria@igaciencia.org

Inscrición
Inscrición: Proximamente O prazo aínda non foi aberto
Inscrición centros

Enviando un correo electrónico a secretaria@igaciencia.org

Prazo de preinscrición: de 15 de outubro a 15 de maio de 2018, remitindo os seguintes datos: título do proxecto, autores (nome e apelidos, curso, centro educativo) e profesorado que coordina o proxecto (nome e apelidos, especialidade).

Prazo de recepción dos proxectos: 30 de maio de 2018.

Coa seguinte información:

1. Ficha do proxecto, na que se indique:

  • Título e un breve resumo do proxecto
  • Autores: nome e apelidos, curso, centro educativo
  • Profesorado que coordinou o proxecto
  • Descrición e gráfico da montaxe: desenvolvemento do proceso e as súas dificuldades; e análise de resultados e conclusións.

2. Número de cuestións ás que responde e a súa calidade.

3. A programación efectuada, no seu caso.

4. Breve presentación (video, ppt, odt...)

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto.

educacion@coruna.es.

T : 981 184 200 ext. 12038