Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Rutas Urbanas Animadas

Información xeral
Descrición

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres até os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas.

Ruta 2 e 3 anos. PARQUE DE SANTA MARGARIDA: ESPERTANDO OS SENTIDOS (parque de Santa Margarida_ entorno Casa das Ciencias)

Temática: Unha aproximación aos espazos e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza

Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística

Ruta 4 anos. HISTORIAS DE MARÍA PITA (Praza de María Pita)

Temática: Un espazo histórico-cultural no que poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita.

Competencias: Social e cidadá. Lingüística

Ruta 5 anos. UN MUSEO AO AIRE LIBRE (Xardíns Méndez Núñez _ zona monumento Curros Enríquez)

Temática: Unha zona dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundizar na arte de observar, de escoitar, de construir e de comparar.

Competencias: Cultural e artística. Lingüística

Ruta 1º EP. XARDÍN DE SAN CARLOS: MEMORIAS DUNHA BATALLA (Xardín de San Carlos e Museo Histórico Militar)

Temática: Un espazo singular no que conxugar natureza e historia a través dos elementos que compoñen o lugar.

Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Social e cidadana. Lingüística

Ruta 2º EP. TESOUROS DE MARÍA PITA (Praza de María Pita)

Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.

Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Linguística

Persoas destinatarias

Alumnado do último curso (3.º E. Infantil) da Rede de Escolas Infantis Municipais.

Alumnado de Educación Infantil e 1.º e 2.º cursoS de E. Primaria dos CEIP do Concello da Coruña.

Período de realización

Durante os meses de abril a xuño de 2018

Condicións do programa
  • Necesidade da presencia do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • O nº máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase, e a maiores un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considera necesario)
  • As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
  • No caso de que a demanda de rutas exceda os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
Horario

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos (máis o tempo de chegada e autobús):

Sesión 1: de 10.00 a 11.20 h.

Sesión 2: de 11.30 a 12.50 h.

Custo

1,50 € por alumno/a que inclúe autobús e material didáctico

Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e modo de ingreso da cota.

Unha vez confirmadas as rutas, os centros educativos poderán facer o ingreso da cota na conta da federación de ANPAs, en CaixaBank e o seu número é: ES37 2100 6359 5802 0006 1816.

Débese indicar no concepto o programa “Rutas Urbanas Animadas” e o nome do centro. E enviar o jxstificante do pago á dirección electrónica ocio@fedapascoruna.org

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica “CORUÑA DE AVENTURA: RUTAS URBANAS ANIMADAS”

Do 11 ao 30 de setembro de 2017 e do 8 ao 20 de xaneiro de 2018.

Centros onde se oferta

Rede de Escolas Infantís Municipais e CEIP do Concello da Coruña.

Entidades colaboradoras
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica “CORUÑA DE AVENTURA: RUTAS URBANAS ANIMADAS”

Do 11 ao 30 de setembro de 2017 e do 8 ao 20 de xaneiro de 2018.

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto
educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12038
Fax: 981 18 43 7