Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Tarxeta Millenium. Bus-escolar

Información xeral
Descrición

A actual tarxeta de transporte é o CARTÓN MILLENNIUM ESCOLAR.

Para a súa obtención, o solicitante deberá asinar un contrato que se lle facilitará en ventanilla ao presentar a solicitude e documentación. No caso de que o solicitante sexa un menor de idade, a solicitude estará asinada por un responsable (pai, nai ou titor) maior de idade.

A tarxeta Millennium Escolar é gratuíta para os titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. Ten validez anual a partir do momento da concesión, sempre que se manteña empadroado no Concello da Coruña. É de renovación anual, previa solicitude e comprobación dos requisitos esixidos. A partir de 16 anos a validez será ata o fin do curso escolar, e renovarase anualmente.

O moedeiro poderá cargarse, cun importe mínimo de 5€ e máximo de 60€, en calquera oficina de ABANCA a partires do día seguinte á obtención do cartón.

Persoas destinatarias

Persoas empadroadas no Concello da Coruña

Condicións do programa
  • Ter idade comprendida entre 4 e 25 anos. (os/as menores de 4 anos viaxan gratis)
  • Estar empadroado no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de 6 meses.
  • Estar matriculado en centros homologados pola Consellería competente en materia de educación.
  • Que os estudos cursados teñan 15 ou máis horas lectivas á semana (para a súa xustificación presentarase un certificado do centro en que se cursen os estudos).
  • Cumprir as estipulacións establecidas no réxime económico, é dicir, non superar 40.000 € brutos por unidade familiar, sendo incrementada esta cantidade en 5.000 € por fillo/a maiores do solicitante,sempre que sexan menores de 25 anos.
  • Nos supostos de separación ou divorcio, a renta anual bruta por unidade familiar non poderá superar os 24.000 € incrementándose en 3.000 € por fillo/a mayores, sempre que sexan menores de 25 anos.
Custo

O moedeiro poderá cargarse, cun importe mínimo de 5€ e máximo de 60€, en calquera oficina de ABANCA a partires do día seguinte á obtención do cartón

RÉXIME ECONÓMICO:

A efectos da obtención da tarxeta, a renda familiar calcularase pola agregación dos ingresos de calquera natureza obtidos, por cada un dos membros computables da unidade familiar.

Enténdese, a estes efectos, por unidade familiar:

a) En caso de matrimonio non separado legalmente: A integrada polos cónxuxes e, se os houber:

1. Os fillos menores, con excepción dos que co consentimento dos pais vivan independentemente destes.

2. Os fillos solteiros menores de 25 anos e maiores incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

b) En defecto de matrimonio ou nos casos de separación legal: A formada polo pai ou a nai e a totalidade dos fillos que convivan cun ou outra e reúnan os requisitos sinalados para a modalidade anterior.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro do ano no que se solicita.

Inscrición alumnado

A documentación presentarase nas Dependencias da Estación de Autobuses (C/ Cabaleiros, 21) ou nos Rexistros Municipais situados no Palacio Municipal de María Pita ou no Centro Sociocultural Ágora, de luns a venres en horario de atención ao cidadán.

DOCUMENTACIÓN

  1. Orixinal e fotocopia do DNI ou no seu caso o permiso de residencia, do interesado se é maior de 14 anos e do pai, nai ou titor se é menor de idade.
  2. Declaración na que se autoriza ao Concello ao acceso dos datos fiscais necesarios para comprobar o nivel de renda anual (este impreso será entregado directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web do Concello da Coruña: www.coruna.es).
  3. Orixinal e fotocopia da matrícula ou certificado do centro de estudos. Non serán válidas as reservas de prazas ou as solicitudes de matrícula.
Inscrición
Inscrición alumnado

A documentación presentarase nas Dependencias da Estación de Autobuses (C/ Cabaleiros, 21) ou nos Rexistros Municipais situados no Palacio Municipal de María Pita ou no Centro Sociocultural Ágora, de luns a venres en horario de atención ao cidadán.

DOCUMENTACIÓN

  1. Orixinal e fotocopia do DNI ou no seu caso o permiso de residencia, do interesado se é maior de 14 anos e do pai, nai ou titor se é menor de idade.
  2. Declaración na que se autoriza ao Concello ao acceso dos datos fiscais necesarios para comprobar o nivel de renda anual (este impreso será entregado directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web do Concello da Coruña: www.coruna.es).
  3. Orixinal e fotocopia da matrícula ou certificado do centro de estudos. Non serán válidas as reservas de prazas ou as solicitudes de matrícula.
Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:

Área de Seguridade e Mobilidade

Departamento de Mobilidade

Sede: Estación de Autobuses (calle Caballeros, 21).

Teléfono: 981 18 42 00 ext. 54053

movilidad@coruna.es