Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Información xeral
Descrición

A Rede de Escolas Infantís Municipais (EIM) está formada por 9 centros de titularidade municipal. Escolarizan, con carácter non obrigatorio, a menores de 0 a 3 anos empadroados/as preferentemente no termo municipal.

A REIM permite a incorporación ao sistema educativo do alumnado entre 0 e 3 anos e cumpre as finalidades estabelecidas por lei para a educación infantil:

- Contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.

- Potenciar a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a xustiza, a prevención de conflitos e a resolución pacifica dos mesmos, a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade entre homes e mulleres.

As escolas infantís da Rede réxense polas normas recollidas no Regulamento de Organización e Funcionamento da Rede de Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (BOP 15 de abril de 2014).

Persoas destinatarias

Nenos e nenas de 0 a 3 anos do Concello da Coruña

Período de realización

Curso escolar 2017-2018

Condicións do programa

Requisito de acceso:

  • Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2016

Criterios de prioridade

  • En primeiro lugar, terán preferencia menores empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores/as e/ou representantes legais, con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
  • En segundo lugar e se existiran vacantes, poderán obter praza menores empadroados/as no Concello con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano no que se solicita a praza.
  • En terceiro lugar e se existiran vacantes, poderán obter praza menores empadroados/as noutros Concellos, sempre que algún dos seus proxenitores/as e/ou representantes legais traballe nunha entidade pública ou privada ubicada no termo municipal do Concello.
  • En cuarto lugar e se existiran prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros Concellos.

Só se pode solicitar praza nun máximo de 2 Escolas Infantís Municipais. De incumprirse esta norma, o/a solicitante pasa a ocupar o último lugar da relación de admitidos/as, independentemente da puntuación obtida.

Custo

Tarifas de atención educativa e servizo de orientación:

· Tarifa 0. Tarifa gratuíta. Terán dereito á mesma todas as persoas usuarias que cumpran os requisitos estabelecidos no capítulo VII do Regulamento de Organización e Funcionamento das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña, aprobado polo Pleno en sesión celebrada o 7 de abril de 2014 (BOP do 15 de abril).

· Tarifa 1. 55,00 €/curso (5,00 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita non superior ao 50% Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (en adiante, IPREM) vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

· Tarifa 2. 220 €/curso (20 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita superior ao 50% que non supere o 75% IPREM vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

· Tarifa 3. 440 €/curso (40 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita superior ao 75% que non supere o 100% IPREM vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

· Tarifa 4. 660 €/curso (60 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita superior ao 100% que non superen o 125% IPREM vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

· Tarifa 5. 880 €/curso (80 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita superior ao 125% que non supere o 150% IPREM vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

· Tarifa 6. 1.045 €/curso (95 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita superior ao 150% que non supere o 200% IPREM vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

· Tarifa 7 (xeral). 1.115 €/curso (105 €/mes). Teñen dereito á mesma todas as persoas usuarias cunha renda per cápita superior ao 200% IPREM vixente no ano de inicio do curso escolar que non teñan dereito a tarifa 0.

Tarifa escolares non empadroados na Coruña: 250 €/mes

Outras tarifas complementarias:

  • Comedor:: 80 €/ mes
  • Almorzo: 14 €/mes
  • Merenda: 23 €/mes
  • Ampliación de xornada: 15 €/ mes
Inscrición alumnado

Todos os anos ábrese un período de RESERVA DE PRAZA para os nenos e nenas escolarizados/as na escola e que desexan continuar o seguinte curso.

Posteriormente ábrese un prazo para os NOVOS INGRESOS.

Datas aproximadas: meses de abril e maio.

Centros onde se oferta

REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS (REIM) - CURSO 2016-2017

  • EIM A Caracola
  • EIM Agra do Orzán
  • EIM Arela
  • EIM Carricanta
  • EIM Los Rosales
  • EIM Luis Seoane
  • EIM Monte Alto
  • EIM Os Cativos
  • Escola Infantil Carmen Cervigón
Inscrición
Inscrición alumnado

Todos os anos ábrese un período de RESERVA DE PRAZA para os nenos e nenas escolarizados/as na escola e que desexan continuar o seguinte curso.

Posteriormente ábrese un prazo para os NOVOS INGRESOS.

Datas aproximadas: meses de abril e maio.

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tfn: 981 18 42 00