Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa municipal de traballo con familias

DESCRICIÓN

O programa está dirixido a familias, con menores a cargo, en situación vulnerabilidade e risco social. O seu contido oriéntase a proporcionar os apoios necesarios para que as familias poidan desenvolver as súas obrigas parenterais e tarefas cotiás. Lévanse a cabo accións de promoción e apoio social así como actividades de prevención, formación e divulgación.

OBXECTIVOS

. Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, promovendo a adquisición de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parenterais e educativas

. Aplicar os recursos necesarios para previr e atender situacións familiares de vulnerabilidade e/ou risco social.

. Identificar e rexistrar as competencias, fortalezas e debilidades de cada membro da unidade familiar.

. Revisar a asignación de funcións de cada membro da unidade familiar dentro do sistema. Consensuar as modificacións necesarias.

. Fomentar a autonomía e a integración no ámbito de todas as familias garantindo o respecto aos seus dereitos.

. Identificar coa familia os recursos comunitarios que poidan dar cobertura ás súas necesidades.

. Facilitar espazos de encontro e apoio profesional para familias sobre temas de educación, habilidades sociais, saúde, etc.

. Crear un grupo profesional de debate e formación no que se acheguen, de xeito continuado, novas vías de actuación.

DESTINATARIOS DO PROGRAMA

Familias e menores con necesidades de apoio socio educativo. Tamén son destinatarios deste proxecto: a comunidade en xeral e, dentro desta, as entidades e profesionais cunha vinculación directa ou indirecta ao traballo coas familias (sistema sanitario, educativo, xurídico, asociativo, laboral, servizos especializados...).

ÍNDICE