Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa Inicia

Información xeral
Descrición

Programa de difusión e ensino do espírito empresarial ao alumnado de Formación Profesional e Ensinos Especiais con apoio e asistencia ao profesorado de Empresa e Iniciativa Emprendedora, mediante a utilización dun software de simulación empresarial e premios ás mellores iniciativas emprendedoras. Os mellores proxectos poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais.

Para o desenvolvemento deste programa cóntase coa colaboración do IGAPE.

OBXECTIVOS:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado dos Centros de Formación Profesional e Ensinos especiais da cidade da Coruña
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora nos Centros de Formación Profesional e Ensinos Especiais
  • Servir de instrumento de promoción de boas ideas empresariais, proxectos e persoas que as leven a cabo
  • Fomentar iniciativas emprendedoras que repercutan na economía do Concello

Persoas destinatarias

Alumnado de ciclos superiores de Formación Profesional e Ensinos Especiais de centros públicos da cidade e centros privados cos que se subscriba convenio.

Período de realización
  • Outubro - Novembro: Período de información ao profesorado dos centros seleccionados e coordinación, organización e seguimento do programa.
  • Novembro 2016 - Marzo 2017: Desenvolvemento da formación.
  • Finais de marzo: feira de ideas.

Condicións do programa

CONTIDOS

O programa articúlase a través dun itinerario flexible onde se poderá coordinar co profesorado a súa formación docente na aula coas sesións Inicia:

  • Sesión 1: Presentación do programa e Plan de Empresa. Tutorización de proxectos
  • Sesión 2: Viabilidade económico-financeira. Simulador empresarial. Tutorización de proxectos
  • Sesión 3: Obradoiro teórico-práctico de presentación de proxectos empresariais.

METODOLOXÍA:

Unha vez solicitada a inclusión no programa, procédese á formación do alumnado coa formación teórica-práctica, apoiada no persoal de plan de empresa, o simulador empresarial e as titorías personalizadas. Todo iso de cara á elaboración de proxectos empresariais que poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais onde se premiarán as mellores iniciativas emprendedoras. De maneira transversal, o alumnado recibirá un obradoiro con nocións básicas sobre presentación de proxectos.

Horario

Adaptación do horario das materias ao horario de cada Centro Educativo que participe

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitud xeral

Do 12 de setembro ao 21 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Programa INICIA”

Do 12 de setembro ao 21 de outubro.

Centros onde se oferta

Centros que impartan ciclos superiores de Formación Profesional e Ensinos Especiais de centros públicos da cidade e centros privados cos que se subscriba convenio y que estean dentro do termo municipal

INFORMACIÓN RELACIONADA Bases Programa Inicia (2,28 MB)
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitud xeral

Do 12 de setembro ao 21 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Programa INICIA”

Do 12 de setembro ao 21 de outubro.

Contacto
Información de contacto