Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiros de educación para o consumo da OMIC

Información xeral
Descrición

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no eido do consumo. Dentro do programa “CORUÑA EDUCA” presentamos un conxunto de obradoiros prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadores/as especializado no eido do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes obradoiros están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, os responsables docentes poderán escoller os máis axeitados para o desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os obradoiros compleméntanse con “Seminarios para Mestres” e “Charlas para nais e pais de alumnos”. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

OBXECTIVOS:

A pretensión principal deste programa socioeducativo é fomentar no alumnado unha actitude consciente, crítica e solidaria ante o consumo.

Para acadar este obxectivo xeral conxugamos os dous seguintes:

Promover entre o alumnado capacidades e hábitos críticos en relación coas actitudes e condutas de consumo, formando consumidores críticos, libres e responsables.

Denunciar os mecanismos de manipulación e advertir sobre os riscos da publicidade enganosa, sensibilizar aos nenos e nenas sobre os seus dereitos como consumidores e usuarios, a necesidade de defendelos e a importancia de denunciar as irregularidades e, en xeral, mellorar a calidade de vida dos consumidores.

DURACIÓN E LOCALIZACIÓN:

Cada obradoiro ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo (preferentemente polas mañás). Suxírese que en cada obradoiro o monitor/a este acompañado polo profesor/a.

Unha vez que un centro educativo se inscribe co grupo ou grupos nun ou varios obradoiros, poderá planificar as datas dos mesmos en función das súas necesidades.

Os obradoiros poden ser realizados nos propios centros educativos ou ben nas instalacións da OMIC da Coruña. (R/ Costa da Palloza, 8). 

Este proxecto estrutúrase en seis grandes áreas que a continuación se relacionan:

1. ALIMENTACIÓN E CONSUMO

1.1. Alimentación saudable.

1.2. Natural e artificial.

1.3. As etiquetas dos alimentos.

1.4. Froitas e verduras.

1.5. A pirámide da alimentación.

2. CONSUMO SOSTIBLE

2.1. Uso sustentable da auga.

2.2. De compras polo meu barrio.

2.3. A compra ecolóxica.

2.4. Consumo ecolóxico.

2.5. Don R que R: O xogo dos envases.

2.6. Comercio xusto.

2.7. Os produtos do noso fogar.

3. CONSUMO ACTUAL E NOVAS TECNOLOXÍAS

3.1. Redes sociais e servizos de mensaxería instantánea: seguridade e privacidade.

3.2. Compras pola Internet.

3.3. Boas prácticas para asegurar la información persoal e os datos dos nosos dispositivos móbiles.

3.4. O uso das TIC’s: Móbil e Internet.

4. CONSUMO E PUBLICIDADE

4.1. Publicidade na TV e na Radio.

4.2. Publicidade na Internet.

4.3. Os nosos sentidos e o consumo.

4.4. A listaxe da compra.

5. CONSUMO E CONSUMIDORES, PROTECCIÓN DE DEREITOS

5.1. Reclamando na OMIC.

5.2. Os dereitos dos consumidores.

5.3. Arbitraxe de consumo.

6. OS MENORES E O CONSUMO

6.1. De onde veñen as cousas?

6.2. O material escolar.

6.3. Construción de xoguetes.

6.4. Xogos sen xoguetes.

Persoas destinatarias

Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial de todos os centros educativos da Coruña.

Período de realización

Curso escolar 2016 - 2017

Condicións do programa

O número máximo de alumnos é de 25 (un aula) en cada obradoiro acompañados por un profesor/a.

Cada obradoiro ten unha duración aproximada de 50 minutos desenvolverase no horario lectivo do centro educativo.

Unha vez que un centro educativo se inscribe co grupo ou grupos nun ou varios obradoiros, poderá planificar as datas dos mesmos de mútuo acordo coa OMIC en función das súas necesidades.

Os obradoiros poden ser realizados nos propios centros educativos ou ben nas instalacións da OMIC da Coruña (R/ Costa da Palloza, 8).

Horario

No horario lectivo dos centros

Custo

Gratuíto

Inscrición Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias

Tenente de Alcalde Responsable da Área de Emprego e Economía Social: Alberto Lema Suárez