Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

A ruta da auga na Coruña

Información xeral
Descrición

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación até a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias se producimos coas nosas actitudes?

INTRODUCIÓN

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese dende a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas poñemos atención a todo este ciclo, agás cando carecemos de auga.

Como utilizamos este recurso? Que consecuencias se producen coas nosas actitudes?

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA

  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a nivel vital coma no sistema urbano actual.
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o seu aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se utiliza na cidade, dende a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

De xaneiro de 2016 a xuño de 2017

ESTRUTURA

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. A elixir entre: a) A auga na natureza b) A Ruta da auga na Coruña.
  • Taller na aula. A elixir entre: a) Xogo "A vida no río". b) Xogo "A auga na Coruña".
  • Itinerario/Visita guiada. A elixir entre: a) De expedición polo río Mero. b) Planta potabilizadora de A Telva e Río Mero. c) Planta Depuradora de Bens.

A RUTA DA AUGA NA CORUÑA

Destinatarios

3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria; de 1º e 2º de E. Secundaria e de E. Especial.

Duración

Idade Preferente

Actividades

Audiovisual (un a escoller)

A Auga na natureza

60 min

3º, 4º, 5º e 6º de EP

A ruta da auga en A Coruña

60 min

5º y 6º de EP; 1º e 2º ESO

Actividade na aula (un a escoller)

Xogo: A vida no río

60 min

3º e 4º de EP

Xogo: A Auga na Coruña

60 min

5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO

Visita guiada (unha a escoller)

Planta Potabilizadora de A Telva

90 min

5º e 6º de EP 1º e 2º ESO

O río Mero

90 min

Planta Depuradora de Bens

120 min

1º e 2º ESO

Materiais de apoio

Manual do profesorado

Manual do alumnado

Persoas destinatarias

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria; de 1º e 2º de E. Secundaria; E. Especial.

Período de realización

De xaneiro de 2016 a xuño de 2017

Máis información

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES

AUDIOVISUAL

A AGUA NA NATURALEZA

Obxectivos

· Recoñecemento da auga como recurso imprescindible para a vida.

· Comprender a importancia e relación da auga na biodiversidade da Terra.

· Coñecer a fauna e a flora que vive na nosa cidade.

· Coñecer a fauna e a flora que vive no curso do río Mero.

· Aprender o respecto pola natureza.

Contidos

· Distribución da auga.

· A auga do río Mero.

· Os animais e plantas que viven no curso do río Mero.

· A auga da nosa cidade.

· Os animais e plantas que forman os ecosistemas acuáticos presentes na ruta da auga da nosa cidade.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Charla-coloquio co apoio dun audiovisual interactivo que incorpora vídeos sobre os ecosistemas acuáticos presentes na ruta da auga da nosa cidade. Estes vídeos serven de ferramenta para un maior interese e comprensión dos contidos a tratar.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LCD


AUDIOVISUAL

LA RUTA DEL AGUA EN A CORUÑA

Obxectivos

· Recoñecer a ruta que segue a auga na nosa cidade dende a súa captación ata a súa devolución.

· Reflexionar sobre os usos sociais da auga.

· Valorar a importancia da súa utilización responsable.

Contidos

· ciclo da auga na nosa cidade: captación, potabilización, usos da auga e depuración

· Os estados físicos da auga.

· Aforro e uso responsable da auga na nosa casa e na cidade.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Abordaremos os diferentes contidos mediante unha proxección e unha charla explicativa. Inclúense xogos interactivos co fin de favorecer a participación. Tamén se incorporan animacións en flash para unha maior compresión dos contidos a tratar.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

XOGO

A VIDA NO RÍO

Obxectivos

· Comprender o impacto da influencia humana na natureza.

· Participar en situacións que requiran a comunicación e o entendemento para resolver un problema.

· Desenvolver aptitudes respectuosas coa natureza.

Contidos

· A influencia humana na natureza: destrución de ecosistemas.

· A conservación do medio.

· Identificación dunha problemática ambiental.

· Participación en situacións comunicativas que se dan no xogo (conversación, debate...).

· Identificar os compoñentes dun ecosistema acuático.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Trátase dun xogo que promove a comunicación e a actitude crítica. Formularanse diversos problemas ambientais que afectan á calidade da auga e aos ecosistemas acuáticos no ámbito dun río. Por equipos, deberán saber identificar os devanditos problemas e chegar a unha solución entre todos.

Recursos necesarios

Taboleiro-maqueta dun río. Elementos naturais e artificiais. Fichas de avance do xogo. Tarxetas cos problemas a resolver.

XOGO

A AUGA NA CORUÑA

Obxectivos

· Comprender a importancia da conservación do recurso da auga para lograr un desenvolvemento sostible.

· Coñecer e comprender o ciclo da auga na natureza.

· Analizar e comprender os distintos parámetros da auga.

Contidos

· ciclo da auga na nosa cidade. Captación, potabilización, usos da auga e depuración.

· Os estados físicos da auga.

· Aforro e uso responsable da auga na nosa casa e na cidade

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Trátase de recordar todas as etapas polas que pasa a auga dende que está nos ríos ata que, unha vez usada e depurada, é devolta novamente ao mar. Para iso, formaranse equipos que avanzarán no xogo ao realizar as distintas tarefas que se formulan, como preguntas, probas ou pequenos experimentos.

Recursos necesarios

Dado xigante, taboleiro ruta da auga, fichas preguntas e probas, medidor de aforro, tarxetas de hábitos de consumo, tarxetas de elementos.


VISITA

DE EXPEDICIÓN POLO RÍO MERO

Obxectivos

· Coñecer e identificar a flora e fauna do río Mero.
Identificar o papel río Mero dentro da ruta da auga.

· Aprender a utilizar o material de investigación e guías de campo infantís.

Contidos

· Fauna e flora do río Mero.

· Manexo de material de campo (prismáticos, lupas, guías de campo infantís, etc.).

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Percorrido guiado polas marxes do río Mero. Na visita os participantes poderán realizar un estudo dun ecosistema acuático, para o que contarán con diverso material de campo (prismáticos, lupas, guías de campo infantís, etc.).

Recursos necesarios

Mapa xigante, libro de imaxes, prismáticos, lupas, guías de campo infantís, elementos naturais e artificiais para mostrar durante a visita.

VISITA

A PLANTA POTABILIZADORA DE A TELVA

Obxectivos

· Coñecer o funcionamento e a finalidade da ETAP da Telva.

· Identificar os procesos de potabilización da auga.

· Recoñecer a nosa implicación e responsabilidade no uso da auga potable.

Contidos

· A importancia da potabilización da auga.

· percorrido da auga na ETAP da Telva.

· Procesos físico-químicos na depuración da auga.

· Potabilización en laboratorio dunha mostra de auga contaminada.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

A visita á ETAP da Telva ofrece aos participantes a posibilidade de coñecer todas as fases de potabilización da auga que chega ás súas casas. Un técnico realiza unha charla introdutoria e un percorrido guiado pola Planta. Para a mellor compresión da visita, a instalación conta con maquetas, módulos interactivos e material de laboratorio.

Recursos necesarios

ETAP da Telva, maquetas, módulos interactivos, material de laboratorio.

VISITA

A PLANTA DEPURADORA DE BENS

Obxectivos

· Coñecer o funcionamento e a finalidade da EDAR de Bens.

· Identificar os procesos de depuración da auga.

· Recoñecer a nosa implicación e responsabilidade no proceso de uso e depuración de auga.

Contidos

· A importancia da depuración da auga.

· O percorrido da auga na EDAR de Bens

· Procesos físico-químicos na depuración da auga

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

A visita á EDAR de Bens ofrece aos participantes a posibilidade de coñecer todas as fases de depuración da auga, dende que sae polos desaugadoiros das súas casas ata que se verte ao mar. Un técnico realiza unha charla introdutoria e un percorrido guiado pola Planta. Para a mellor compresión da visita, a instalación conta con maquetas, módulos interactivos e material de laboratorio.
EDAR de Bens, maquetas, módulos interactivos, material de laboratorio.

Recursos necesarios

EDAR de Bens, maquetas, módulos interactivos, material de laboratorio.

Contacto
Información de contacto

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es