Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas escolares ás Bibliotecas Municipais

Información xeral
Descrición

Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar aos nenos e profesores ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.

As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos axeitados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e ao que ofrece unha biblioteca.

Persoas destinatarias

Alumnado de 2º ciclo de E. Infantil para os cursos de 4º (3 anos), 5º (4 anos) e 6º (5 anos) de centros educativos do municipio.

Alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria para os cursos de 2º (7 anos), 4º (9 anos) e 6º(11 anos) de centros educativos do municipio.

Alumnado de 1º e 2º de E. Secundaria de centros educativos do municipio.

EDUCACIÓN INFANTIL

2º ciclo de E. Infantil. VISITAS DE 4º, 5º e 6º

A nosa intención é afondar, progresivamente, nos aspectos que se consideran máis importantes nesta etapa para a aprendizaxe do alumnado biblioteca:

Coñecemento dos espazos e dos diferentes soportes de información

Aproximación aos libros de ficción e aos libros de coñecementos, coidado dos materiais e libros da biblioteca, coñecemento do persoal bibliotecario como mediadores da lectura.

Todos estes obxectivos abórdanse desde un punto de vista lúdico e sen esquecer a importancia do xogo e da maxia nestas idades.

EDUCACIÓN PRIMARIA

A oferta para o 1º ciclo de E. Primaria consiste nunha VISITA PARA 2º CURSO.

Nesta visita o noso labor centrarase fundamentalmente no traballo do álbum ilustrado e na lectura de imaxes dándolle un certo protagonismo aos contos clásicos da Literatura Infantil.

A visita ten os seguintes obxectivos específicos:

  • Fomentar a lectura de imaxes como destreza ou capacidade
  • Interpretar as ilustracións/imaxes dos textos
  • Identificar o título e o autor nas obras de ficción
  • Identificar o autor e o ilustrador e distinguir as súas diferentes funcións
  • Inventar historias a partir das ilustracións dun libro
  • Fomentar o gusto por ver ou ler os libros

A oferta para 2º ciclo propón VISITAS PARA 4º CURSO.

Nelas, alumnado e profesorado, a través dunha proposta participativa, descubrirán que a información pódese presentar en distintos soportes e que é posible atopar aquilo que buscan, utilizando os recursos que ofrecen as bibliotecas.

Os obxectivos específicos para esta visita serán os seguintes:

  • Iniciarse na consulta de catálogos e saber interpretar a información contida neles.
  • Aprender a localizar documentos.
  • Presentar unha selección de títulos en diferentes formatos e chamar a atención cara a determinados temas, autores,...
  • Descubrir que a biblioteca pode dar resposta aos seus intereses persoais.

Para o 3º ciclo, mantense a oferta de VISITAS PARA 6º CURSO.

O obxectivo xeral de que o alumnado alcance maior autonomía nas técnicas de procura e uso da información, xa que se atopa na antesala da Educación Secundaria e incrementarase a necesidade de dominar estas habilidades.

Por iso, a visita terá os siguientes obxectivos específicos:

  • Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organización da colección.
  • Recoñecer as diferentes fontes de información e instruir na súa correcta utilización.
  • Identificar e saber utilizar as partes do documento que conteñen información complementaria.
  • Coñecer os sistemas de organización gráfica da información.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

1º e 2º de E. Secundaria

A oferta dirixida a todos os colexios da cidade con reserva dun 10% das prazas para colexios doutros municipios.

Obxetivos específicos da visita:

  • Presentar a Biblioteca de Estudos Locais, diferenciándoa, debido á especificidade dos seus fondos, do resto das bibliotecas do Sistema Municipal
  • Dar a coñecer á biblioteca como centro de información sobre a localidade.

Especificacións:

  • As visitas terán lugar na Biblioteca de Estudos Locais
  • Participarán un máximo de 18 grupos de 25 persoas.
  • As visitas terán lugar os xoves de xaneiro a maio (ambos os dous inclusive) de 9.30 h. a 11.30 h.
  • Os titores dos grupos que participen nas visitas, deberán asistir a unha reunión previa na propia biblioteca na que se lles facilitará información detallada sobre os obxectivos e contidos da visita. A non asistencia, sen comunicación previa, implicará a cancelación da visita.

Alumnado de 2º ciclo de E. Infantil e de 2º, 4º e 6º cursos de E. Primaria de centros educativos do municipio.

EDUCACIÓN PRIMARIA

A oferta para o 1º ciclo de E. Primaria consiste nunha VISITA PARA 2º CURSO. Nesta visita o noso labor centrarase fundamentalmente no traballo do álbum ilustrado e na lectura de imaxes dándolle un certo protagonismo aos contos clásicos da Literatura Infantil.

A visita ten os seguintes obxectivos específicos:

  • Fomentar a lectura de imaxes como destreza ou capacidade
  • Interpretar as ilustracións/imaxes dos textos
  • Identificar o título e o autor nas obras de ficción
  • Identificar o autor e o ilustrador e distinguir as súas diferentes funcións
  • Inventar historias a partir das ilustracións dun libro
  • Fomentar o gusto por ver ou ler os libros

A oferta para 2º ciclo propón VISITAS PARA 4º CURSO. Nelas, alumnado e profesorado, a través dunha proposta participativa, descubrirán que a información pódese presentar en distintos soportes e que é posible atopar aquilo que buscan, utilizando os recursos que ofrecen as bibliotecas.

Os obxectivos específicos para esta visita serán os seguintes:

  • Iniciarse na consulta de catálogos e saber interpretar a información contida neles.
  • Aprender a localizar documentos.
  • Presentar unha selección de títulos en diferentes formatos e chamar a atención cara a determinados temas, autores,...
  • Descubrir que a biblioteca pode dar resposta aos seus intereses persoais.

Para o 3º ciclo, mantense a oferta de VISITAS PARA 6º CURSO, co obxectivo xeral de que o alumnado alcance maior autonomía nas técnicas de procura e uso da información, xa que se atopa na antesala da Educación Secundaria e incrementarase a necesidade de dominar estas habilidades.

Por iso, a visita terá os siguientes obxectivos específicos:

  • Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organización da colección.
  • Recoñecer as diferentes fontes de información e instruir na súa correcta utilización.
  • Identificar e saber utilizar as partes do documento que conteñen información complementaria.
  • Coñecer os sistemas de organización gráfica da información.


Condicións do programa
  1. Para participar neste programa de visitas é condición necesaria a asistencia do profesorado a unha reunión previa de preparación. A non asistencia á devandita reunión implicará a cancelación da visita solicitada.
    • As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior, as adxudicacións realizaranse por orde de inscrición.
    • Asignarase a Inscricións e información dos grupos solicitantes a visita á biblioteca municipal máis próxima ao centro escolar.
    • Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitarase ás coordinadoras do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha Biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable da mesma nesa biblioteca.
    • O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.
    1. Para participar no programa de Visitas é condición necesaria a asistencia a unha reunión previa de preparación. A non asistencia á devandita reunión implicará a cancelación da visita solicitada.
    2. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitarase ás coordinadoras do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha Biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable da mesma nesa biblioteca.
    3. TRANSPORTE: correrá a cargo do centro educativo
Horario

Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as dúas horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

Inscrición centros

No caso de que a demanda de visitas exceda os máximos sinalados para cada biblioteca, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

A asignación dos grupos ás distintas Bibliotecas Municipais farase tendo en conta a proximidade dos centros participantes a cada unha delas

Novidades para este curso

Reunión previa de preparación da visita.

Nestes encontros entre bibliotecarios e mestres explicarase o contido de cada unha das visitas; entregarase o material correspondente; falarase do traballo anterior e/ou posterior na aula e resolverase calquera dúbida ou inconveniente que puidera xurdir.

A devandita reunión desenvolverase na biblioteca que cada mestre/a teña asignada para asistir co seu alumnado.

Centros onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 25 visitas (de luns a venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 25 visitas (luns, martes e venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL FORUM METROPOLITANO: máximo 25 visitas (luns, mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL: máximo 30 visitas (martes, xoves e venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 30 visitas (martes e xoves)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 20 visitas (martes e mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 20 visitas (mércores e xoves)
  • BIBLIOTECA DE ESTUDOS LOCAIS: máximo 18 visitas (xoves)

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Inscrición
Inscrición centros

No caso de que a demanda de visitas exceda os máximos sinalados para cada biblioteca, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

A asignación dos grupos ás distintas Bibliotecas Municipais farase tendo en conta a proximidade dos centros participantes a cada unha delas