Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas á Biblioteca de Estudios Locais

Información xeral
Descrición

Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar ao alumnado e profesorado ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.

As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos axeitados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e ao que ofrece unha biblioteca.

Persoas destinatarias

Alumnado da 1º e 2º ESO de centros educativos do municipio

Participarán un máximo de 18 grupos de 25 persoas.

Período de realización

As visitas terán lugar os xoves de xaneiro a maio

Condicións do programa
  • Oferta dirixida a todos os colexios da cidade con reserva dun 10% das prazas para colexios doutros municipios.
  • As visitas terán lugar na Biblioteca de Estudos Locais
  • Participarán un máximo de 18 grupos de 25 persoas.
  • As visitas terán lugar os xoves de xaneiro a maio (ambos os dous inclusive) de 9.30 h. a 11.30 h.
  • Os titores dos grupos que participen nas visitas, deberán asistir a unha reunión previa na propia biblioteca na que se lles facilitará información detallada sobre os obxectivos e contidos da visita. A non asistencia, sen comunicación previa, implicará a cancelación da visita.

A Biblioteca de Estudos Locais proporcionará, NUNHA VISITA GUIADA AO PROFESORORADO responsable dos grupos, información detallada sobre os obxectivos e contidos da visita así como a data e horario da celebración da mesma.

Horario

Xoves, de 9:30h. a 11:30h.

Novidades para este curso

A CASCARILLA

DESCRICIÓN:

Partindo da presentación da Biblioteca por medio dunha breve explicación oral acompañada dunha mostra de material escolleito, chégase ao terreo do lúdico a través dun xogo, A Cascarilla. Con el pretendese afondar de forma participativa e dinámica no coñecemento da biblioteca e dos seus recursos.

OBXECTIVOS
  • Presentar a Biblioteca de Estudos Locais como Biblioteca especializada na Coruña en temas xerais de Galicia, diferenciándoa, debido á especificidade dos seus fondos, do resto das Bibliotecas do Sistema Municipal.
  • Dar a coñecer a Biblioteca como centro de información sobre a localidade.

DESTINATARIOS: Alumnado de 1º ciclo da ESO de centros educativos do municipio.

Centros onde se oferta

Biblioteca de Estudios Locais

Inscrición Contacto
Información de contacto

bestudiosl@coruna.es