Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Xogos Escolares

Información xeral
Descrición

Organizados pola Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento, os Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até Bacharelato e FP (media e superior) de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

O carácter de apertura que presentan os xogos, ao dirixirse aos/ás rapaces/as dos diferentes centros docentes da cidade en xeral, posibilita que calquera alumno/a (do rango de idades marcadas), federado/a ou non, poda participar nos diferentes torneos.

Na parte máis específica do proxecto, os Xogos Escolares pretenden cubrir o espazo baleiro do deporte federado e do deporte escolar (Deporte Galego) potenciando a simbiose entre os recursos do Concello e a estrutura dos principais clubs da cidade coa oferta dunha competición adaptada á idade biolóxica dos nenos/as.

Para a edición do curso 2016/2017, que se realizará nos meses de xaneiro a abril de 2017, os Xogos Escolares contarán coas seguintes modalidades deportivas:

  • Baloncesto (Primaria)
  • Balonmán (Primaria)
  • Fútbol 8 masculino (ESO e BACH+ciclos)
  • Fútbol 7 feminino (ESO e BACH+ciclos)
  • Fútbol Sala (ESO e BACH+ciclos)
  • Tenis (Primaria)
  • Voleibol (Primaria)
  • Waterpolo (ESO e BACH+ciclos)
  • Xadrez (Primaria)
Persoas destinatarias

1. XOGOS ESCOLARES EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Nesta etapa educativa, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades dos/as participantes en dúas categorías mixtas.

CATEGORÍAS

  • BENXAMÍN: escolares matriculados/as en 2º, 3º e 4º curso
  • ALEVÍN: escolares matriculados/as en 5º e 6º curso

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • Torneo escolar de baloncesto
  • Torneo escolar de balonmán
  • Torneo escolar de xadrez
  • Torneo escolar de voleibol
  • Torneo de tenis

2. XOGOS ESCOLARES NA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Nestas etapas educativas, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades dos participantes

CATEGORÍAS

  • CATEGORÍA A: ESO
  • CATEGORÍA B: BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • Torneo Municipal de fútbol 8 (masculino)
    • Categoría A Masculina: Nados antes do 1 de xaneiro de 2001
    • Categoría B Masculina: Nados dende o 1 de xaneiro de 2001
  • Torneo Municipal de fútbol 7 (feminino)
  • Torneo Municipal de fútbol sala (masculino e feminino)
    • Categoría A Feminina: Nadas antes do 1 de xaneiro de 2001
    • Categoría B Feminina: Nadas dende o 1 de xaneiro de 2001
    • Categoría Masculina Mixta: Nados dende o 1 de xaneiro de 2004
    • Categoría A Masculina: Nados antes do 1 de xaneiro de 2001
    • Categoría B Masculina: Nados dende o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2003
  • Torneo Municipal de waterpolo
Período de realización

Horario

HORARIO PROVISIONAL

Pode consultalos horarios na seguinte ligazón: Horarios e Instalacións - IV Xogos Escolares Curso 2016/17

  • Para Educación Primaria: terán lugar un día á semana en horario de 18.00h. a 20.00h.
  • Para Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos: terán lugar un día á semana en horario de 16.00h. a 20.00h.
Custo

Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes.

A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe e acompañamento o día da competición ademais de habilitarse personal acompañante para os grupos de fóra do programa Deporte no Centro.

Inscrición alumnos

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Para proceder a realizar as inscricións, primeiro deberas darte de alta como promotor de equipo ou equipos a través da plataforma Smart City seguindo as seguintes instrucións:

A primeira vez que realices unha inscrición como promotor nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que previamente esteas dado de alta na Plataforma Smart City indicando algúns datos básicos.

Unha vez completado este proceso de darse de alta como promotor en Smart City, poderase empezar a formalizar as inscricións de cada un dos participantes en cada modalidade deportiva.

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Con un limite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Para facilitar a recollida de datos de inscricións, adxuntamos o "Formulario do Participante" en Xogos Escolares, en calquera caso, deberán de ser envorcados eses datos para oficializar a inscrición de cada xogador co seu respectivo equipo. Tamen poden descargalo do documento adxunto ao pe da paxina

IMPORTANTE: Esta folla cuberta e asinada, deberá de ser entregada antes do inicio da actividade.

Prazo de inscricións:Do 7 de Novembro ao 15 de Decembro de 2016.

As inscricións realizaranse a través da web www.coruna.es/deportes, cumprimentando o formulario de solicitude. Deberase cumprimentar un formulario de inscrición on line para cada un dos equipos.

Os equipos dos ciclos de ESO e Bacharelato deberán ir acompañados durante os encontros por un responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadores máximos e mínimos establecidos.

Unha vez comezado o programa, dependendo da modalidade, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no torneo elexido e no tramo de idade que lle corresponda ás persoas solicitantes, e sexa posible organizativamente.

MODALIDADES

INSTALACIÓNS

COMPETICIÓN

Nº MÍN. PARTICIPANTES

Nº MÁX. PARTICIPANTES

PRIMARIA

Baloncesto

Polideportivo Municipal Ventorrillo

4 x 4

4

8

Balonmán

Polideportivo Municipal San Fco. Javier

5x5

5

10

Tenis

Polideportivo Municipal Ventorrillo

Dobres

2

2

Voleibol

Polideportivo Municipal Sagrada Familia

4x4

4

8

Xadrez

Palacio Municipal de Deportes de Riazor

Individual

1

1

ESO, BACH e FP

Fútbol 8 Masc.

Campos da Cidade Deportiva da Torre

8 vs 8

10

16

Fútbol 7 Fem.

Campos da Cidade Deportiva da Torre

7 vs 7

10

16

Fútbol Sala

Polideportivo Labañou, San Diego e Centros Escolares

5 vs 5

8

15

Waterpolo

Piscina Municipal de Riazor

6 vs 6

8

12

Máis información

No caso de precisar máis información o de ter dúbidas sobre o programa, poden poñerse en contacto co

Servizo Municipal de Deportes

enderezo electrónico xogosescolares@coruna.es

teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

Entidades colaboradoras
  • Baloncesto: Club Básquet Coruña
  • Voleibol: Club Voleibol Zalaeta
  • Balonmán: Club Balonmano OAR Ciudad Vieja
  • Xadrez: Asociación Galega de Axedrecistas
  • Waterpolo: Asociación Coruñesa de Waterpolo
  • Fútbol y Fútbol Sala: Asociación Coruña Metropolitana
  • Tenis: Escuela de Tenis Marineda
  • Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos
Inscrición
Inscrición alumnos

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Para proceder a realizar as inscricións, primeiro deberas darte de alta como promotor de equipo ou equipos a través da plataforma Smart City seguindo as seguintes instrucións:

A primeira vez que realices unha inscrición como promotor nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que previamente esteas dado de alta na Plataforma Smart City indicando algúns datos básicos.

Unha vez completado este proceso de darse de alta como promotor en Smart City, poderase empezar a formalizar as inscricións de cada un dos participantes en cada modalidade deportiva.

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Con un limite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Para facilitar a recollida de datos de inscricións, adxuntamos o "Formulario do Participante" en Xogos Escolares, en calquera caso, deberán de ser envorcados eses datos para oficializar a inscrición de cada xogador co seu respectivo equipo. Tamen poden descargalo do documento adxunto ao pe da paxina

IMPORTANTE: Esta folla cuberta e asinada, deberá de ser entregada antes do inicio da actividade.

Prazo de inscricións:Do 7 de Novembro ao 15 de Decembro de 2016.

As inscricións realizaranse a través da web www.coruna.es/deportes, cumprimentando o formulario de solicitude. Deberase cumprimentar un formulario de inscrición on line para cada un dos equipos.

Os equipos dos ciclos de ESO e Bacharelato deberán ir acompañados durante os encontros por un responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadores máximos e mínimos establecidos.

Unha vez comezado o programa, dependendo da modalidade, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no torneo elexido e no tramo de idade que lle corresponda ás persoas solicitantes, e sexa posible organizativamente.

MODALIDADES

INSTALACIÓNS

COMPETICIÓN

Nº MÍN. PARTICIPANTES

Nº MÁX. PARTICIPANTES

PRIMARIA

Baloncesto

Polideportivo Municipal Ventorrillo

4 x 4

4

8

Balonmán

Polideportivo Municipal San Fco. Javier

5x5

5

10

Tenis

Polideportivo Municipal Ventorrillo

Dobres

2

2

Voleibol

Polideportivo Municipal Sagrada Familia

4x4

4

8

Xadrez

Palacio Municipal de Deportes de Riazor

Individual

1

1

ESO, BACH e FP

Fútbol 8 Masc.

Campos da Cidade Deportiva da Torre

8 vs 8

10

16

Fútbol 7 Fem.

Campos da Cidade Deportiva da Torre

7 vs 7

10

16

Fútbol Sala

Polideportivo Labañou, San Diego e Centros Escolares

5 vs 5

8

15

Waterpolo

Piscina Municipal de Riazor

6 vs 6

8

12

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

juventud@coruna.es

xogosescolares@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 Ext. 12046

Fax: 981 18 43 70

www.coruna.es/deportes

Novas
Novas relacionadas
IV Xogos Escolares Curso 2016/17 Para o inicio do curso 2016/2017, a Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento presenta a IV edición dos Xogos Escolares.