Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Asesorías especializadas de información xuvenil

Información xeral
Descrición
  1. ASESORÍA EDUCATIVO-PROFESIONAL: Información e asesoramento sobre procesos vinculados coa Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Universidade, ensinanzas non reguladas, educación de adultos, certificados de profesionalidade, bolsas, cursos, exames, oposicións, programas europeos de mobilidade, etc.
  2. SERVIZO DE ASESORAMENTO SOBRE PARTICIPACIÓN XUVENIL: A través deste servizo ofrécese asesoramento informativo ás asociacións e grupos non formais vinculados coa xuventude, así como soporte das accións realizadas que teñan interrese neste ámbito:
  • Apoio nos trámites de constitución dunha asociación e petición de subvencións ou axudas
  • Desenvolver accións que promovan a participación xuvenil e a creación de asociacións e de grupos non formais xuvenís

3. SERVIZO DE ORIENTACIÓN LEGAL: O servizo de orientación legal dirixido preferentemente aos mozos e mozas de ata 35 anos, ten como obxetivo informar de forma persoalizada e gratuíta sobre os seus dereitos, así como dos cauces establecidos para que poidan exercitalos plenamente. Neste servizo informarase sobre diversos temas de ámbito xurídico: dereitos dos mozos/as, como facer un recurso o unha reclamación, temas relacionados con vivenda, multas, etc

4. SERVIZO DE INFORMACIÓN SOBRE TURISMO E MOBILIDADE XUVENIL:

DESCRICIÓN: trátase dun servizo de información sobre mobilidade xuvenil, para que a mocidade poida deseñar e planificar viaxes á medida de cada presuposto. A información dispoñible é a seguinte: servizo de préstamo de guías de viaxe, mapas e planos, itinerarios, transportes, aloxamentos, turismo activo, campamentos, campos de traballo, cursos de idiomas, etc .Puidéndose ademais, tramitar todos os Carnés específicos para a mocidade: Xove euro<30, Alberguista, Internacional de estudante e Xove internacional.

Non só se realizan consultas asistidas, senón que tamén se difúnde información a través do material documental e bibliográfico que compón a Viaxeteca do CMIX (planos, mapas, folletos, dossieres de autoconsulta e préstamo a domicilio de guías turísticas)

Durante os meses de xuño a setembro de 2016, e coincidindo co verán, o servizo de información de turismo xuvenil reforzarse cunha campaña de difusión do mesmo.A través da campaña “Móvete ” desenvólvense diversas actividades complementarias de temática turística onde, transversalmente, trabállanse ámbitos como o da creatividade xuvenil. As actividades realizadas son as seguintes:

  • Sorteo de dous billetes Interrail , grazas a un convenio firmado con Renfe Viajeros
  • Curso de fotografía de viaxes
  • XIII Concurso de fotografía de viaxes “Viaxarte”
  • Exposición das fotografías presentadas e publicación dun catálogo coas fotografías premiadas
  • IV Encontro Viaxeiro
Persoas destinatarias

Mozos e mozas de 12 a 35 anos do Concello da Coruña

Horario

O horario das asesorías coincide con o do CMIX, a excepción do Servizo de Orientación Legal que estará dispoñible de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas, e que permanecerá pecgado o mes de agosto.