Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Asesoramento de iniciativas xuvenís/ Caixa de Recursos

Información xeral
Descrición

Levarase a cabo un asesoramento continuo a través do fomento e apoio de asociacións, grupos non formais, e iniciativas individuais, dando soporte ás accións realizadas pola mocidade ou que teñan un interese xuvenil. Os servizos ofrecidos por esa asesoría son os seguintes:

1. Información e asesoramento para a creación de asociacións, subvencións e outros recursos asociativos dispoñibles.
2. Apoio á realización de proxectos de interese xuvenil realizado por asociación e grupos non formais de mozos.
3. Cesión da sala de exposiciónes Plataforma14 para a exposición de artistas, colectivos ou entidades que queiran visibilizar proxectos de arte emerxente
4. Cesión de recursos audiovisuais para a realización de proxectos a través do programa da Caixa de Recursos

Persoas destinatarias

Asociacións xuvenís, iniciativas individuais, grupos non formais...

Máis información

Caixa de Recursos

No CMIX, existe unha caixa de recursos para actividades sen ánimo de lucro a disposición de todas as asociacións, colectivos non formais, clubes, federacións, centros educativos e outros colectivos, vinculadas dalgún xeito coa mocidade, ou que realicen actividades de interese xuvenil.

Condicións do programa

  • RECURSOS DISPOÑIBLES: actualmente, na Caixa de Recursos pódense solicitar os seguintes materiais:
    • Cámaras dixitais
    • Videocámaras dixitais
    • Videocámaras GOPRO
    • Gravadora dixital
    • Megáfono portátil
    • Radio cd (con entrada de audio e de usb)
    • Cadea (con entrada de audio e de usb)
    • Equipos de megafonía/amplificación
    • Micrófonos e pés de micro
    • DVD
    • Canóns proxectores
    • Ordenadores portátiles
    • Pantallas portátiles para proxeccións
    • rípode de control remoto
  • CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO:

Solicitude: Estes materiais pídense recollendo e cubrindo as solicitudes no Centro Municipal de Información Xuvenil e entregándoas no mesmo centro.
O prazo de solicitude de materiais non poderá ser inferior a 24 horas días nin superior a seis meses.
O material non poderá ser solicitado para máis dunha semana, sen posibilidade de prórroga.
En caso de precisar o recurso por máis tempo, será necesario achegar un proxecto coa solicitude que permita determinar a dispoñibilidade nas datas que se soliciten.