Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Experiencia piloto. Proxecto participativo 'O noso patio'. CEIP Sanjurjo de Carricarte

Información xeral
Descrición

As finalidades do proxecto son:

  • Arranxar o propio centro.
  • Aumentar a participación dos membros da comunidade educativa na vida escolar.
  • Favorecer no alumnado a responsabilidade, a madurez así como o exercicio dunha cidadanía crítica.
  • Fomentar a participación e a implicación da cidadanía no funcionamento do centro.

O obxectivo que se marca o proxecto proposto é dobre: por unha banda, acadar unha mellora física do centro e, por outra banda, crear comunidade favorecendo a participación, a implicación das familias e a mellora dun recurso público para que sintan o colexio como algo propio.

O proxecto proposto pretende implicar a toda a comunidade educativa do centro (alumnado, familias, profesorado, persoal de conserxería e de limpeza) nun proceso colaborativo para que todas e todos cheguen a sentir o centro como algo propio.

Persoas destinatarias

Comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte: alumnado, familias, profesorado, persoal de conserxería e de limpeza.

Período de realización

Primeira fase: curso 2016/2017

Condicións do programa

Pola súa propia natureza participativa, o proxecto terá un carácter aberto e dinámico e se terá que desenvolver en sucesivas fases ao longo do tempo.

A primeira fase deste proceso deberá ser a organización dos colectivos implicados no proceso (alumnado, familias, profesorado e outro persoal relacionado con centro).

Nesta fase tamén se poderá valorar a posibilidade de lle dar entrada a outros colectivos directa ou indirectamente relacionados co centro (asociación de veciñós, asociacións sociais, culturais, deportivas... da zona da influencia do colexio e se deberían definir as primeiras actuacións a desenvolver no centro ao abeiro deste proceso participativo.

Co obxecto de coordinar as achegas dos diversos colectivos implicados e facilitar a súa interrelación cómpre contar cunha figura que realice as funcións de mediación e dinamización do proceso. Realizará as súas funcións nas reunións, encontros, na elaboración da proposta metodolóxica, resolverá dúbidas ao respecto da información recibida, realizará informes e outras funcións análogas que sexan precisas para pór en marcha o proceso.

Horario

Escolar e extraescolar

Custo

Os gastos correran a cargo dos orzamentos municipais do Servizo Municipal de Educación

Centros onde se oferta

CEIP Sanjurjo de Carricarte

Entidades colaboradoras

Asesoramento da Área de Participación e Innovación Democrática do Concello que ten dentro das súas competencias a de Participación cidadá.

Contacto
Información de contacto

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200. ext. 12038

Fax: 981 184 370