Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Deporte no Centro

Información xeral
Descrición

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

Cos seguintes obxectivos:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado (Deporte para todos), aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades motrices básicas, así como as específicas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas .
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que lles orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.
Persoas destinatarias

Alumnado de E.Infantil, E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP de grao medio e superior de centros públicos do municipio.

Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

As solicitudes de alumnado con N.E.E., serán valoradas polo Servizo Municipal de Educación en función da adecuación do programa ás súas necesidades e a dispoñibilidade de recursos.

Período de realización

Do 3 de outubro de 2016 ao 31 de maio de 2017.

Este período pódese ampliar opcionalmente até o 16 de xuño por decisión da ANPA de cada centro.

Condicións do programa

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para a realización das actividades deportivas do programa.

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a, fóra daqueles grupos que polas súas especiais características precisen dun/a educador/a de reforzo.

Horario

De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.

As actividades do programa teñen unha periodicidade de dúas sesións alternas á semana, dunha hora de duración cada unha.

En datas de realización de actividades especiais * ou competicións e torneos, este horario pode verse incrementado nunha hora máis.

*Actividades especiais

Son aquelas actividades que se realizan puntualmente dentro do programa, para compartir aficións con outros participantes do mesmo:

  • Encontros Lúdicos: Son propostas de actividades psicomotrices para escolares de Educación Infantil, e para os participantes nas actividades de xogos, xogos rítmicos e xogos tradicionais.
  • Encontros Deportivos: Báseanse na realización de partidos para o alumnado da etapa de Educación Primaria e Secundaria que participan nas escolas de predeporte, multideporte, atletismo, actividades de loita e tenis, agrupados por edades e/ou deportes.
  • Exhibicións: Para todos os participantes nas actividades que teñen base musical e/ou coreográfica programaranse exhibicións ou mostras nas que se amose todo o aprendido no curso
Custo

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPAS de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) en 2 prazos: até decembro de 2015 e de xaneiro a maio de 2016.

FAMILIAS DE COTA TRIMESTRAL

De outubro a decembro de 2016

  • 1 fillo/a: 13€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 10,40€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 9,10€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 7,80€ por cada actividade e fillo/a

De xaneiro a maio de 2017*

  • 1 fillo/a: 20€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 16€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 14€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 12€ por cada actividade e fillo/a

* A partires de xaneiro de 2017, as cotas poderían ser actualizadas en función da subida do IPC correspondente ao ano anterior ou na contía que determine o Servizo Municipal de Educación .

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades, así como un seguro de accidentes para os participantes.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

*Información xeral para os centros educativos

Inscrición alumnado

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 5 ao 19 de setembro de 2016 nos CEIP e até o 26 de setembro nos IES e CIFP

  • A ratio mínima para formar grupo será de 10 e a máxima será de 20 participantes a partir do cal abrirase unha listaxe de agarda.
  • Para formalizar a inscrición Deporte no Centro deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.
  • Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade e modalidade deportiva que se solicita.
Novidades para este curso

Ampliación do programa, con carácter xeral, ao mes de xuño.

Novas modalidades deportivas:

  • Xogos tradicionais, para E. Infantil e 1º e 2º cursos de E. Primaria.
  • Ximnasia artística, para E. Primaria e Secundaria.
  • Deportes alternativos, desde 3º curso de E. Primaria até E. Secundaria.
  • Capoeira para todos os niveis
Máis información

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • E. Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I), xogos de taboleiro e, como novidade, xogos tradicionais (1) e xogos de capoeira.
  • 1º e 2º cursos de E. Primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II), prexadrez e, como novidades, xogos tradicionais (II) e a ritmo de capoeira.
  • De 3º a 6º cursos de E. Primaria: multideporte (I), baloncesto (I), fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aerobic (I), patinaxe(I), hockey (I), xadrez (I) e, como novidades, ximnasia artística (I), capoeira (I) e deportes alternativos (I)
  • ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio e superior de FP: multideporte(II), baloncesto (II), fútbol sala (II), tenis (II), atletismo(II), baile moderno (II), ximnasia rítmica (II), aerobic (II), patinaxe (II), hockey (II), xadrez (II) e, como novidades, ximnasia artística (II), capoeira (II) e deportes alternativos (II).

En PREPATINAXE E PATINAXE será obrigatorio o uso de proteccións (casco, pulseiras e xeonlleiras) para os/as participantes que aínda non teñan 2 anos de experiencia. Para o resto o uso de proteccións é moi recomendable.

DEPORTES ALTERNATIVOS: Terán cabida aqueles deportes minoritarios como o Dodgeball, Quiditch, Fútbol Gaélico, Ultimate,...

IMPORTANTE:

A elección polas/os escolares da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través dá ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.

Así mesmo, a formación dos grupos estará suxeita ao número de solicitantes e á diferenza de idades entre os mesmos.

Centros onde se oferta

Centros públicos de Educación Infantil e Primaria, e de Educación Secundaria da cidade.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

C.P. 15002

ocio@fedapascoruna.org

INFORMACIÓN RELACIONADA Tríptico Deporte no centro (1,35 MB)
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

*Información xeral para os centros educativos

Inscrición alumnado

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 5 ao 19 de setembro de 2016 nos CEIP e até o 26 de setembro nos IES e CIFP

  • A ratio mínima para formar grupo será de 10 e a máxima será de 20 participantes a partir do cal abrirase unha listaxe de agarda.
  • Para formalizar a inscrición Deporte no Centro deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.
  • Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade e modalidade deportiva que se solicita.
Contacto
Información de contacto

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 ext. 12038

Fax: 981 184 370