Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa

Información xeral
Descrición

Programa inscrito no programa ERASMUS + da Unión Europea, que organiza e posibilita as prácticas de formación en empresas do Reino Unido, Irlanda, Austria, Italia, Polonia e Portugal para o alumnado co título de Técnico Superior en FP específica

O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozas e mozos profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para á realización de prácticas formativas en empresas de diversos paises de Europa.

Cos obxectivos de:

  • Apoiar a adquisición de competencias e mellorar o desenvolvemento persoal e as oportunidades de emprego.
  • Mellorar a competencia en linguas extranxeras.
  • Aumentar a concencia e comprensión de outras culturas e países.
  • Asegurar un mellor recoñecemento das competencias adquiridas en periodos de aprendizaxe no extranxero.

O programa incluie os seguintes servizos para cada participante:

  1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino.
  2. Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía.
  3. Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días.
  4. Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía
  5. Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa coma da organización intermediaria no país de destino.
  6. Realización, como mínimo, de duas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa.
  7. Organización dun curso presencial de preparación lingüística de portugués para as persoas participantes con destino en Portugal e o acceso a un curso “on line” dos outros idiomas dos países de destino.
  8. Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.
  9. Tramitatación da documentación ante o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE)
Persoas destinatarias

Alumnado que teña finalizados os estudos de ciclo superior de FP e teña superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) do curso 2015/2016 en xuño 2016 ou en decembro de 2016, nalgún dos ciclos formativos de grao superior impartidos nos centros asociados ao programa.

Período de realización

Duración das prácticas: 3 meses (90 días).

O período das prácticas desenvolverase entre os meses de marzo e maio de 2017.

Condicións do programa

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademais de formalizar a ficha de inscrición na web www.edu.coruna.es, as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais.

A selección realizarase tendo os seguintes criterios:

  1. Cualificación media final no ciclo formativo. Ata 5 puntos
  2. Valoración do informe da titoría docentro onde o participante realizase os seus estudos. Ata 5 puntos.
  3. Cualificación do idioma extranxeiro. Ata 5 puntos, de acordo ao nivel de lingua extranxeira adquirido no Marco Común Europeo das Linguas.
  4. Entrevista persoal. Ata 5 puntos.
  5. Por discapacidade da persoa solicitante igual ou superior ao 33%, sempre que a súa discapacidade non lle impida o desenvolvemento das prácticas formativas. 2 puntos.
Custo

Gratuíto

Dotación da bolsa.

As persoas participantes recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino (alimentación, “transfer”, viaxes locais e demais gastos diarios).

A súa contía será unha cantidade calculada sobre a base dos importes establecidos polo SEPIE.

Entidades colaboradoras

Os 12 centros educativos de FP públicos e concertados da Coruña con titulacións de grado superior adscritos ao proyecto, que xunto co Concello conforman o Consorcio.

O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación, adscrito ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.

A Deputación Provincial da Coruña, que aporta finanzamento.

Inscrición Contacto
Información de contacto

Alfonso Queijo e Ana Judel

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200, ext. 12114 e 12038

Fax: 981 184 370