Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Listen and Speak

Información xeral
Descrición

Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa

Orientado á certificación internacional do Trinity College London, dacordo cos niveis do Marco Europeo das Linguas.

Persoas destinatarias

Escolares matriculados nos CEIP da cidade que estean cursando 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

Ratio mínima de 12 e máxima de 15 participantes

Trimestralmente faremos unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.

Período de realización

Do 4 de outubro de 2016 ao 31 de maio de 2017

Os novos grupos que se vaian formando comezarán as clases a mediados de mes ou principios do seguinte.

As persoas admitidas nestes grupos serán avisadas pola empresa colaboradora (Activa)

Se desexa darse de baixa dun grupo, deberán contactar con Activa

Horario

Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios:

  • 3º e 4º de primaria das 16:00 ás 17.00h.
  • 5º e 6º de primaria das 17:00 ás 18.00h.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.

A distribución e organización dos grupos nos cetnreos farase en vfucnión da demanda e do nivel da persoa participante.

Os días de realización da actividade son os seguintes:

  • Anxo da Garda: luns e mércores
  • Emilia Pardo Bazán: martes e xoves
  • José Cornide: luns e mércores
  • J. Fernández Latorre: luns e mércores
  • Labaca: luns e xoves
  • María Barbeito: martes e xoves
  • María Pita: martes e xoves
  • de Prácticas: martes e xoves
  • Raquel Camacho: martes e xoves
  • Rosalía de Castro: martes e xoves
  • Sagrada Familia: martes e xoves
  • San Pedro de Visma: luns e mércores
  • Wenceslao Fernández Flórez: martes e xoves
  • Zalaeta: luns e mércores
  • Ramón de la Sagra: mércores e venres
  • Salgado Torres: mércores e venres
  • Sal Lence: luns e mércores
Custo

15 € mensuais. O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no programa

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro.

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica “CORUÑA LINGUAS: LISTEN AND SPEAK”

Do 12 ao 30 de setembro

As listas de admitidos publicaranse na web educativa (edu.coruna.es) a inicios de outubro.

Criterios para a admisión:

Escolares do propio centro seleccionados por rigoroso orde de inscrición

Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)

Novidades para este curso

CERTIFICACIÓN DE NIVEL:

Certificación da formación recibida por parte do Concello, previa solicitude do participante, sempre dacordo co informe do persoal docente do programa.
Certificación das capacidades acadadas por parte do Trinity Collegue dacordo cos niveis do Marco Comun Europeo das Linguas.

Centros onde se oferta
  • CEIP Anexa de Prácticas
  • CEIP Anxo da Garda
  • CEIP Emilia Pardo Bazán
  • CEIP José Cornide Saavedra
  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP Labaca
  • CEIP María Barbeito
  • CEIP María Pita
  • CEIP Raquel Camacho
  • CEIP Rosalía de Castro
  • CEIP Sagrada Familia
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez
  • CEIP Zalaeta
  • CEIP Ramón de la Sagra
  • CEIP Salgado Torres
  • CEIP Sal Lence

Os centros que non están no listado e que desexen participar no programa este curso poden porse en contacto no correo educacion@coruna.es

Entidades colaboradoras

Activa

Galicia@activa.org

Avda. Lamadosa, 16 15009 A Coruña

Tlfno. 981 139 248 / 600 904 941

INFORMACIÓN RELACIONADA Cartel Listen and Speak (343,64 kB)
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro.

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica “CORUÑA LINGUAS: LISTEN AND SPEAK”

Do 12 ao 30 de setembro

As listas de admitidos publicaranse na web educativa (edu.coruna.es) a inicios de outubro.

Criterios para a admisión:

Escolares do propio centro seleccionados por rigoroso orde de inscrición

Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)

Contacto
Información de contacto

Alfonso Queijo
educacion@coruna.es

ENTIDADE COLABORADORA (MÁIS INFORMACIÓN)

ACTIVA

Beatriz Rodríguez Antelo
galicia@activa.org
Tel. 981 139 248