Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

VII Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2016

VII CERTAME DE MONÓLOGOS CÓMICOS EN GALEGO 2016

O próximo xoves 15 de decembro, a partir das 18:00 h terá lugar no Teatro Rosalía de Castro o “VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2016”, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

O acto contará coa actuación de Agrupación de música tradicional da Escola Municipal de Música, baixo a dirección do profesor Eduardo Menéndez Baamonde “Dubi”

A entrada é libre e de balde!

Pechado o prazo de inscrición, presentáronse 43 alumnos/as, que realizarán 23 monólogos: 11 na categoría A (1.º e 2.º da ESO), 8 na B (3.º e 4.º da ESO) e 4 na C (bacharelato e FP), dos seguintes centros educativos da cidade:

  • IES Agra do Orzán.
  • IES Elviña
  • IES Monte das Moas
  • IES R. Menéndez Pidal (Zalaeta)
  • CPR Plurilingüe Andaina.
  • CPR Salesianos S. Juan Bosco

O xurado estará composto polos seguintes membros:

  • Victor Grande, humorista e monologuista.
  • Adelaida Pittaluga, docente teatral e actriz.
  • Xulia Rigueiro García, Técnica de Normalización lingüística do Concello da Coruña
  • Secretaria: Ana Judel Prieto, Técnica de Educación do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

Despois de valorar a orixinalidade do texto, a calidade lingüística, corrección e fluidez, a dramatización do monólogo e negativamente si se exceden dos cinco minutos establecidos como tempo límite, outorgarán os seguintes premios:

  1. Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán un diploma acreditativo e dúas entradas de cada espectáculo do ciclo de monologuistas “FALANDO A BOCA CHEA”, a celebrar no Forum Metropolitano do 19 ao 22 abril de 2017, e outras dúas para o ciclo ILUSIOOOHN! PRIMAVERA 2017, a celebrar no Ágora.
  2. Os segundos clasificados de cada categoría recibirán un diploma acreditativo e dúas entradas de cada espectáculo do ciclo de monologuistas “FALANDO A BOCA CHEA”, a celebrar no Forum Metropolitano do 19 ao 22 abril de 2017.
  3. As entradas serán efectivas nas taquillas do IMCE (Pza de Ourense, Forum Metropolitano ou Ágora) coa presentación do documento acreditativo do premio (entregado polo Concello da Coruña) e o DNI das persoas premiadas.

Máis información:

Certame de monólogos

Servizo Municipal de Educación.

Ana Judel, Técnica de Educación T: 981 18 400 ext 12038 a.judel@coruna.es