Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

VII Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2016

Información xeral
Descrición

Acción de dinamización lingüística consistente nun certame de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademais da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

Persoas destinatarias

Alumnado de ESO e Bacharelato dos IES e dos centros concertados e privados do Concello

Período de realización

Xoves 15 de decembro de 2016, no teatro Rosalía de Castro.

Condicións do programa

Os monólogos tratarán temas de actualidade elixidos polos técnicos do Servizo Municipal de Educación en tres categorías diferentes:

  • Categoría A: alumnado de 1º e 2º curso da ESO
  • Categoría B: alumnado de 3º e 4º curso da ESO
  • Categoría C: alumnado de bacharelato e ciclos formativos de FP.

Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos.

Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.

Cada grupo estará integrado por un máximo de tres alumnos/as e representará un só monólogo.

  • 1º e 2º de ESO
  • 3º e 4º de ESO
  • Bacharelato e Ciclos Formativos
Horario

As partir das 18:00h.

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

Inscrición alumnado

Do 2 ao 30 de novembro de 2016 a través da ficha específica

A inscrición debe incluír os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as do monólogo, DNI, enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico de cada alumna/o, curso e centro en que estuda e título do monólogo.

O prazo para enviar os monólogos por correo electrónico finalizará o 9 de decembro de 2016. No envío, deben figurar: o título do monólogo, o nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as e a categoría en que participan.

Centros onde se oferta

IES e centros concertados e privados do Concello da Coruña

“OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á INTERPRETACIÓN DE MONÓLOGOS: CONECTA!”

Este ano como novidade realizarase para o alumnado interesado en participar no certame unha acción formativa de 4 horas de duración, a celebrar O SÁBADO 19 DE NOVEMBRO DE 2016, DE 17 A 21 HORAS, NO ÁGORA, impartido polo actor e docente Ramiro Neira

A participación é voluntaria e a inscrición de balde, a través do correo educacion@coruna.es, do 2 ao 15 de novembro, cos seguintes datos: nome e apelidos,

NIF/NIE, idade, teléfono e correo electrónico de contacto, centro educativo, nivel, curso e grupo. E si é menor de idade, permiso dos seus pais ou tutores legais.

A adxudicación farase pola orde de chegada das inscricións.

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

Inscrición alumnado

Do 2 ao 30 de novembro de 2016 a través da ficha específica

A inscrición debe incluír os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as do monólogo, DNI, enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico de cada alumna/o, curso e centro en que estuda e título do monólogo.

O prazo para enviar os monólogos por correo electrónico finalizará o 9 de decembro de 2016. No envío, deben figurar: o título do monólogo, o nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as e a categoría en que participan.

Contacto
Información de contacto

Ana Judel Prieto

Tel: 981 184 200. ext: 12038

educacion@coruna.es

Novas
Novas relacionadas
VII CERTAME DE MONÓLOGOS CÓMICOS EN GALEGO 2016 O próximo xoves 15 de decembro, a partir das 18:00 h terá lugar no Teatro Rosalía de Castro o “VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2016”, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.
Gala e entrega de premios V CERTAME DE MONÓLOGOS CÓMICOS EN GALEGO 2016 O xoves 15 de decembro no Teatro Rosalía de Castro celebrouse a Gala do “V Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2016”, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.