Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Campionato internacional de modelado 3D de precisión co teu móbil

Información xeral
Descrición

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil: “d3mobile.es Metrology World League”, ao que se suma o Concello da Coruña co “PREMIO Á INNOVACIÓN D3MOBILE CONCELLO DA CORUÑA” ao centro do equipo campión desta cidade.

Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio teléfono móbil/tablet.

d3mobile.es pretende que o estudantado nado entre o 1/1/1999 e o 31/12/2004 de todo o mundo participen nun campionato por equipos, no que se estimule a súa capacidade investigadora. Para iso exponse o uso dun instrumental co que todos eles actualmente están moi familiarizados: o seu teléfono móbil/tablet e un computador persoal. Deberán aprender, coa guía dalgún dos seus profesores e o software que se lles proporcionará, a técnica fotogramátrica básica, unha metodoloxía que con apenas dúas tardes de estudo permitiralles facer modelos tridimensionales a escala de obxectos sinxelos.


O Campionato desenvolverase a través da web http://d3mobile.es/index.php?idioma=gl

Persoas destinatarias

Alumnado nado entre o 1/1/1999 e 31/12/2004 de todo o mundo.

Período de realización

DATAS DE ENTREGA
Primeira proba antes do 8/05/2017
Segunda proba antes do 12/05/2017
Terceira proba antes do 2/06/2017

Inicio período de votacións entre equipos e públicas: 9/06/2017

Fin período de votacións entre equipos: 7/07/2017

Fin período votacións públicas: 15/07/2017

Publicación gañadores probas e votacións: 4/09/2017

Cerimonia de entrega de premios a partir do 3/10/2017

Envío de premios ao resto de gañadores e diplomas a partir do 15/10/2017

Inscrición alumnos

PERÍODO DE INSCRICIÓN: Ata o 02 de maio de 2017.

Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos/as ( de 12 a 17 anos) e un/unha profesor/a responsable que será o/a líder. Un mesmo profesor poderá tutelar ata un máximo de 6 equipos, do mesmo ou de diferentes cursos. En cualquera caso, so se concederá un premio por centro escolar en base á puntuación total lograda.

A inscrición formalizarase en dúas partes:

1ª. Realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/.
2ª. A través da páxina oficial do programa Autodesk 123D Catch http://www.123dapp.com/catch. O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.

Tras a preinscrición do profesorado, éste xa disponrá dos enunciados das tres probas e acceso ao foro do campionato, para poder así configurar os seus equipos, planificar o seu traballo e o do seu alumnado. Recoméndase comezar a realizar as probas no momento de descargalas.

Máis información

PREMIOS 2017

Os premios do Campionato Internacional de Modelado 3D de precisión co teu móbil están valorados en máis de 14.000 €.

Entre eles, o PREMIO Á INNOVACIÓN D3MOBILE CONCELLO DA CORUÑA AO CENTRO DO EQUIPO CAMPIÓN DESTA CIDADE: unha impresora 3D valorada en 600 €.

Ademáis, entregarase un diploma acreditativo de participación no campionato a todo o profesorado e alumnado participante.

Inscrición
Inscrición alumnos

PERÍODO DE INSCRICIÓN: Ata o 02 de maio de 2017.

Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos/as ( de 12 a 17 anos) e un/unha profesor/a responsable que será o/a líder. Un mesmo profesor poderá tutelar ata un máximo de 6 equipos, do mesmo ou de diferentes cursos. En cualquera caso, so se concederá un premio por centro escolar en base á puntuación total lograda.

A inscrición formalizarase en dúas partes:

1ª. Realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/.
2ª. A través da páxina oficial do programa Autodesk 123D Catch http://www.123dapp.com/catch. O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.

Tras a preinscrición do profesorado, éste xa disponrá dos enunciados das tres probas e acceso ao foro do campionato, para poder así configurar os seus equipos, planificar o seu traballo e o do seu alumnado. Recoméndase comezar a realizar as probas no momento de descargalas.

Contacto
Información de contacto

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext: 12038

Fax: 981 184 380