Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

O teatro das emocións

Información xeral
Descrición

O teatro das emocións pretende ser un espazo no que se traballe a través do teatro, as habilidades sociais, comunicativas e emocionais dos nenos e nenas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) nun contexto inclusivo.

O obradoiro realízase coa colaboración de ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña).

Persoas destinatarias

Dirixido a escolares de primaria e especialmente aqueles con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

Prazas limitadas.

Período de realización

Desde outubro de 2016 ata maio de 2017

Condicións do programa

Estar empadroado/a no Concello da Coruña ou matriculado/a nalgún centro educativo da cidade . No caso de vacantes admitirase alumnado doutros concellos.

Requírese a presentación de diagnóstico.

Horario

O obradoiro impartirase no Centro Cívico de Eirís. Rúa Terranova de Eirís, 7 (A Coruña).

Mércores de 18:30 a 20:30 horas.

Custo

Actividade Gratuita

Inscrición alumnado

Do 12 ao 30 de setembro de 2016, a través da ficha online específica.

Enviar o documento do diagnóstico ao correo electrónico: oteatrodasemocions@gmail.com

Máis información

OBXECTIVOS

  1. Compartir e gozar da actividade de teatro, aprendendo tamén entre todos, habilidades sociais e emocionais nun contexto inclusivo.
  2. Favorecer e mellorar as capacidades de comunicación interpersoal.
  3. Coñecemento doutros nenos e nenas doutras escolas.
  4. Xerar e potenciar habilidades de autonomía e independencia.

CONTIDOS

  1. Expresión corporal e psicomotricidade.
  2. Xogos de creatividade, de danza e ritmo
  3. Escenificación ligada a improvisación (que impliquen contacto físico …)
  4. Roles (animais, persoas …), Mimo
  5. Representación do proxecto ao final do curso

METODOLOXÍA

  1. Adaptada ás diferentes idades e necesidades dos escolares, cun enfoque activo participativo e lúdico.
  2. A idea final é unha representación na que se vexa o traballo feito no curso.

RECURSOS

  1. Equipo docente formado por un profesor de teatro con experiencia en persoas con Diversidade Funcional e unha maestra especialista en audición e linguaxe e con experiencia en TEA e ocio.
  2. Recursos materiais adaptados ao alumnado participante.
Centros onde se oferta

Aberto a todos os centros educativos.

Inscrición
Inscrición alumnado

Do 12 ao 30 de setembro de 2016, a través da ficha online específica.

Enviar o documento do diagnóstico ao correo electrónico: oteatrodasemocions@gmail.com

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

www.edu.coruna.es

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 Ext. 12041

Fax: 981 184 370