Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Información xeral
Descrición

A Rede de Escolas Infantís Municipais (EIM) está formada por 9 centros de titularidade municipal, xestionados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados/as no termo municipal, a través dos cales o Concello da Coruña pretende ofrecer ás familias un servizo para a primeira infancia desde unha dobre vertente: educativa e asistencial.

As escolas infantís da Rede réxense polas normas recollidas no Regulamento de Organización e Funcionamento da Rede de Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (BOP 15 de abril de 2014).

Persoas destinatarias

Nenos e nenas de 0 a 3 anos do Concello da Coruña

Período de realización

Curso escolar 2016-2017

Condicións do programa

Requisito de acceso:

  • Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2016

Criterios de prioridade

  • En primeiro lugar, terán preferencia menores empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores/as e/ou representantes legais, con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
  • En segundo lugar e se existiran vacantes, poderán obter praza menores empadroados/as no Concello con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano no que se solicita a praza.
  • En terceiro lugar e se existiran vacantes, poderán obter praza menores empadroados/as noutros Concellos, sempre que algún dos seus proxenitores/as e/ou representantes legais traballe nunha entidade pública ou privada ubicada no termo municipal do Concello.
  • En cuarto lugar e se existiran prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros Concellos.

Só se pode solicitar praza nun máximo de 2 Escolas Infantís Municipais. De incumprirse esta norma, o/a solicitante pasa a ocupar o último lugar da relación de admitidos/as, independentemente da puntuación obtida.

Custo

Tarifas de atención educativa e servizo de orientación:

TARIFA XERAL: 116 €/mes (Familias con ingresos netos por cápita superiores a 4.377,01 €/ano)

TARIFAS REDUCIDAS:

  • Tarifa A: 49 €/mes (Familias con ingresos netos por cápita inferiores a 2.923 €/ano)
  • Tarifa B: 79 €/mes (Familias con ingresos netos por cápita inferiores a 2.923,01 €/año e 4.377 €/ano)

TARIFAS GRATUITAS, segundo o artigo 27do regulamento:

27.6. No suposto de que unha familia teña máis dun/a menor matriculado/a nalgunha das escolas da REIM, o Concello cubrirá o custo total da praza escolar correspondente ao segundo ou, no seu caso, sucesivos fillos/as.

27.7. O Concello cubrirá o custo total de, polo menos, o 2% das prazas ofertadas en cada escola da REIM. A estas prazas só poderán optar aquelas familias cunha renda anual por unidade familiar inferior ao 100% do IPREM.

  • Tarifa escolares non empadroados na Coruña: 250 €/mes

Cando coincidan varios irmáns no centro, o primeiro aboará a tarifa que lle corresponda e os demáis a inmediatamente inferior.

Outras tarifas complementarias:

  • Comedor:: 70 €/ mes
  • Almorzo: 12 €/mes
  • Merenda: 20 €/mes
  • Ampliación de xornada: 14 €/ mes
Inscrición alumnado

Todos os anos ábrese un período de RESERVA DE PRAZA para os nenos e nenas escolarizados/as na escola e que desexan continuar o seguinte curso.

Posteriormente ábrese un prazo para os NOVOS INGRESOS.

Datas aproximadas: meses de abril e maio.

Centros onde se oferta

REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS (REIM) - CURSO 2016-2017

  • EIM A Caracola
  • EIM Agra do Orzán
  • EIM Arela
  • EIM Carricanta
  • EIM Los Rosales
  • EIM Luis Seoane
  • EIM Monte Alto
  • EIM Os Cativos
  • Escola Infantil Carmen Cervigón
Inscrición
Inscrición alumnado

Todos os anos ábrese un período de RESERVA DE PRAZA para os nenos e nenas escolarizados/as na escola e que desexan continuar o seguinte curso.

Posteriormente ábrese un prazo para os NOVOS INGRESOS.

Datas aproximadas: meses de abril e maio.

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tfn: 981 18 42 00