Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa Semente

Información xeral
Descrición

Programa educativo que pretende fomentar o espírito emprendedor adquirindo hábitos e condutas de forma autónoma desenvolvendo as capacidades emprendedoras a través da creación dunha cooperativa escolar na aula.

A área de emprendedores do Servizo Municipal de Emprego detectou a necesidade de implantar un programa global, que, favoreza o desenvolvemento do espírito emprendedor entre os nenos e nenas (capacidade creativa, de asunción de riscos, de liderado, de motivación, de comunicación, de negociación, de toma de decisións, de planificación, ...).

O OBXECTIVO XERAL do programa SEMENTE será difundir a cultura e actitude emprendedora entre o alumnado dos cursos referenciados.

Os obxectivos específicos son os seguintes:

  • Desenvolvemento de capacidades emprendedoras.
  • Conexión entre a escola e a empresa.
  • Realizar unha aprendizaxe transversal nun contexto creativo e lúdico.
  • Adquirir hábitos de comportamento autónomo en relación co traballo e orientados a relacións interpersoais.
  • Coñecer as normas de funcionamento grupales e desenvolver hábitos de conciencia emprendedora referidos á empresa ou a outro tipo de asociación.

Persoas destinatarias

Alumnado de 3º, 4º, 5º, 6º E. Primaria e alumnado de E. Especial de centros educativos do Concello.

Período de realización
  • Outubro - Novembro: Período de información ao profesorado dos centros seleccionados e coordinación, organización e seguemento do programa.
  • Novembro 2015 - Maio 2016: Desenvolvemento do programa.
  • 1ª quincena de Xuño 2016: Avaliación

Condicións do programa

O programa utiliza como instrumento central para a consecución do citado obxectivo o proxecto de creación e xestión dunha COOPERATIVA ESCOLAR de fabricación de produtos, que logo venderán nun mercado. Posteriormente decidirán onde investirán os beneficios obtidos.

Este programa reproduce situacións reais no proceso de constitución da empresa e as súas actividades posteriores: Fabrícanse produtos reais para realizar unha venda “real” ao final do curso. Parte dos beneficios obtidos no proceso da venda destinaranse a doazóns a entidades benéficas, o cal tamén redunda en espertar un sentido "solidario"

Horario

Adáptase o horario escolar ás necesidades de cada centro

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 16 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Programa INICIA”

Do 10 de setembro ao 16 de outubro.

Novidades para este curso

Entregaránse premios regulados por bases que se establecerán no seu momento

Centros onde se oferta

Todos os centros educativos que teñan alumnado de 2º e 3º ciclos E. Primaria e alumnado de E. Especial de centros educativos do Concello

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 16 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Programa INICIA”

Do 10 de setembro ao 16 de outubro.

Contacto