Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Vexo, vexo. "Biodiversidade na Coruña"

Información xeral
Descrición

INTRODUCIÓN

Para coidar, querer e respectar a natureza, é necesario coñecela. Encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo aos máis pequenos; a saber o porqué e o cómo dos diferentes ecosistemas que nos rodean e a identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis os nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move a noso arredor.

OBXETIVOS XERAIS DO PROGRAMA:

  • Axudar aos escolares a adquirir unha conciencia e unha sensibilización axeitada para o coidado do noso ámbito máis próximo e inmediato.
  • Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver aqueles problemas que afecten á conservación dos nosos valores naturais e á biodiversidade dos nosos ecosistemas.
  • Preténdese que os alumnos comprendan, investiguen e aprendan, mediante un contacto directo con:
    • a riqueza e variedade de comunidades vexetais e animais, a súa función e importancia no medio en que vivimos e a súa relación entre elas e en particular connosco.
    • as formacións xeolóxicas máis relevantes do noso ámbito, como elementos fundamentais da paisaxe que nos rodea.

ESTRUCTURA:

Este Programa baséase nunha serie de itinerarios interpretativos guiados por diferentes espazos naturais da nosa cidade, complementados con actividades previas na aula.

O Programa desenvólvese en dúas sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo na aula, segundo o itinerario elixido. Duración aproximada: 30 minutos. A escoller entre: a) A Lagoa deEirís. b) Monte e Illas de San Pedro c) Punta Herminia.
  • Taller na aula, segundo o itinerario elixido. Duración aproximada: 60 minutos. A escoller entre a) O conto sen fin da Lagoa de Eirís. b) Póster 3d de San Pedro. c) A clave está na clave. c) O meu caderno de campo de Punta Herminia
  • Itinerario interpretativo. A elixir entre: a) A Lagoa de Eirís. b) Monte e Illas de San Pedro. c) Contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia
Persoas destinatarias

Alumnado de 5º e 6º de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria e de E. Especial.

Período de realización

De outubro de 2015 a xuño de 2016

Inscrición centros

Ficha de solicitude Xeral

Do 10 ao 30 de setembro.

Inscrición alumnos

Ficha de solicitude específica

Do 10 ao 30 de setembro.

Máis información

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES

AUDIOVISUAL

A LAGOA DE EIRÍS

Obxectivos

  • Coñecer o Parque e a Lagoa de Eirís , recoñecelo como un importante valor para a nosa cidade.
  • Coñecer a flora e a fauna dos parques da cidade.
  • Aprender a coidar a biodiversidade dos nosos parques, xardíns e bosques.

Contidos

  • Os parques da cidade (situación xeográfica e función).
  • Flora e fauna dos parques da cidade.
  • Os coidados e conservación dos parques.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Proxección audiovisual interactiva. A proxección incorporará vídeos sobre a fauna e a flora do Parque de Eirís e levarase a cabo mediante a narración dun conto.

Recursos necesarios

Proxector, ordenador.

AUDIOVISUAL

O MONTE DE SAN PEDRO

Obxectivos

  • Coñecer o Parque e Illas de San Pedro, recoñecelo como un importante valor para a nosa cidade.
  • Coñecer a flora e a fauna dos parques da cidade.
  • Aprender a coidar a biodiversidade dos nosos parques, xardíns e bosques.

Contidos

  • Os parques da cidade (situación xeográfica e función).
  • Flora e fauna dos parques da cidade.
  • Os coidados e conservación dos parques.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Proxección audiovisual interactiva. A proxección incorporará vídeos sobre a fauna e a flora do Parque de San Pedro e levarase a cabo mediante a narración dun conto.

Recursos necesarios

Proxector, ordenador.

AUDIOVISUAL

CONTORNA DA TORRE DE HÉRCULES E PUNTA HERMINIA

Obxectivos

  • Coñecer a contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia ,recoñecelo como un importante valor para a nosa cidade.
  • Coñecer a flora e a fauna dos parques da cidade.
  • Aprender a coidar a biodiversidade dos nosos parques, xardíns e bosques.

Contidos

  • Os parques da cidade (situación xeográfica e función).
  • Flora e fauna dos parques da cidade.
  • Os coidados e conservación dos parques

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Proxección audiovisual interactiva. A proxección incorporará vídeos sobre a fauna e a flora de Punta Herminia e levarase a cabo mediante a narración dun conto

Recursos necesarios

Proxector, ordenador.

TALLER

O CONTO SEN FIN DA LAGOA DE EIRÍS

Obxectivos

  • Coñecer as plantas e os animais que viven nos espazos naturais urbanos.
  • Comprender a importancia das zonas verdes nas cidades.
  • Situar plantas e animais no seu hábitat correspondente.

Contidos

  • As plantas e os animais dos espazos naturais urbanos.
  • As funcións vitais das plantas e animais que viven nos parques da cidade.
  • A cadea alimenticia.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Cada neno elaborará un conto despregable con animais e plantas característicos da Lagoa de Eirís.

Recursos necesarios

Modelos, conto, cores.

TALLER

PÓSTER 3D DE SAN PEDRO

Obxectivos

  • Coñecer as plantas e os animais que viven nos espazos naturais urbanos.
  • Simulación e interpretación de costumes animais

Contidos

  • As plantas e os animais dos espazos naturais urbanos.
  • As funcións vitais das plantas e animais que viven nos parques da cidade.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Entre todos os participantes elaboraremos un gran mural en 3 D das especies máis relevantes do Parque de San Pedro.

Recursos necesarios

Modelos dos elementos do mural, cores, tesoiras, pegamento.

TALLER

O MEU CADERNO DE CAMPO DE PUNTA HERMINIA

Obxectivos

  • Coñecer as plantas e os animais que viven nos espazos naturais urbanos.
  • Comprender a importancia das zonas verdes nas cidades.
  • Situar plantas e animais no seu hábitat correspondente.

Contidos

  • As plantas e os animais dos espazos naturais urbanos.
  • Hábitats das plantas e animais da Coruña.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Cada participante elaborará o seu propio caderno de campo para utilizar o día da visita. Dun sinxelo prego ilustrado, a través de varias dobreces e un corte terán listo un caderno personalizado.

Recursos necesarios

Modelos, caderno, tesoiras ,cores

VISITA

PARQUE E LAGOA DE EIRÍS

Obxectivos

  • Coñecer as funcións e finalidades dos parques no medio urbano.
  • Coñecer as plantas e animais que viven no Parque de Eirís.
  • Contribución dos espazos verdes urbanos ao mantemento da biodiversidade.

Contidos

  • As plantas e animais que viven no parque de Eirís.
  • A Lagoa de Eirís, ecosistema acuático
  • Conservación e coidado dos espazos verdes.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Mediante un xogo de pistas faremos un percorrido polo Parque e Lagoa de Eirís para coñecer de preto a biodiversidade dese ámbito e cales son as claves dun ecosistema acuático. Comprobarán de primeira man a achega deste espazo naturalizado á biodiversidade urbana.

Recursos necesarios

Parque de Eirís. Láminas dos elementos do parque e lagoa, guías, lupas, botes de mostra, elementos naturais, xogo de pistas, material para pequenas experiencias.

VISITA

PARQUE E ISLAS DE SAN PEDRO

Obxectivos

  • Coñecer as plantas e animais que viven no Parque de San Pedro.
  • Coñecer a diferenza entre animais domésticos e salvaxes.
  • Diferenciar plantas silvestres e cultivadas.
  • Coñecer adaptacións que teñen animais e plantas ao medio.
  • Coñecer as características das plantas e animais dos parques da cidade.

Contidos

  • As plantas e animais que viven no Parque de San Pedro.
  • Adaptación das plantas e animais ao medio
  • Respecto pola natureza.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Faremos unha visita guiada polo Parque de San Pedro, con paradas interpretativas e mostra de elementos naturais. Coñeceremos a biodiversidade do parque e deterémonos nos elementos máis destacados. Durante todo o percorrido se fomentará tanto un espírito explorador como unha actitude de respecto e conservación polo ámbito.

Recursos necesarios

Parque de San Pedro. Láminas dos elementos do parque e as Illas, guías, lupas, botes de mostra, elementos naturais, material para pequenas experiencias.

VISITA

CONTORNA TORRE DE HÉRCULES E PUNTA HERMINIA

Obxectivos

  • Coñecer as plantas e animais que viven no ámbito de Punta Herminia
  • Comprender a importancia das zonas verdes na cidade.
  • Coñecer as características dun ecosistema costeiro

Contidos

  • As plantas e animais que viven no ámbito de Punta Herminia.
  • Respecto pola natureza.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Faremos unha visita guiada polo ámbito da torre de Hércules e Punta Herminia con paradas interpretativas e mostra de elementos naturais. Coñeceremos a biodiversidade do parque e deterémonos nos elementos máis destacados. Durante todo o percorrido se fomentará tanto un espírito explorador como unha actitude de respecto e conservación pola contorna.

Recursos necesarios

Láminas dos elementos de Punta Herminia, caderno de campo elaborado polos participantes, lapis, guías, lupas, botes de mostra, elementos naturais, material para pequenas experiencias.

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude Xeral

Do 10 ao 30 de setembro.

Inscrición alumnos

Ficha de solicitude específica

Do 10 ao 30 de setembro.

Contacto
Información de contacto

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambientalcoruna@gmail.com