Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

FAUNA URBANA DE AQUÍ E DE ALÁ

Información xeral
Descrición

INTRODUCIÓN

A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número coma en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que intentan xestionar a súa tenza, intentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais:

- o maltrato animal e a tenza responsable

- la introdución de especies invasoras

- o comercio de especies vulnerables.

Cómo afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? Estamos dispostos a asumir estas obrigas legais e éticas para con elas?

OBXETIVOS XERAIS DO PROGRAMA:

· Coñecer e valorar as obrigas, compromisos e satisfaccións da tenza responsable como mellor forma de previr o maltrato animal.

· Coñecer a existencia e funcionamento do Servizo de Recollida e Adopción de Animais Domésticos e da Canceira Municipal de Bens.

· Coñecer a dimensión social dos problemas que as mascotas poden causar na convivencia cidadá e a forma de previlos.

· Coñecer a variedade de especies animais dispoñibles no mercado de mascotas e as súas implicacións na conservación da biodiversidade.

· Coñecer unha serie de pautas básicas de comportamento para relacionarse cos cans na cidade.

ESTRUTURA:

· Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos

· Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Poderase elixir entre: a) Taller de experimentación "O mundo dende os ollos dun can", b) Xogo "A gran viaxe dos animais domésticos".

· Visita guiada á Canceira Municipal de Bens. Duración aproximada: 90 minutos. a) Charla sobre o Servizo de Recollida e Adopción de Animais Domésticos: 45 min b) Visita á Canceira Municipal e convivencia cos animais alí recollidos: 45 min

Fauna urbana de aquí e de alá

Destinatarios

Alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos

Duración

Idade preferente

Actividades

Audiovisual

Como cans e gatos

60 min

ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Actividades na Aula

(a elixir una)

Xogo “A gran viaxe dos animáis domésticos

60 min

ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Taller de experimentación “O mundo dende os ollos dun can”

60 min

ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

     

Visita guiada

Canceira Municipal de Bens:

Charla e Convivencia cos cans acollidos

90 min

ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

     

Persoas destinatarias

Alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos

Período de realización

De outubro de 2015 a xuño de 2016

Máis información

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES:

Audiovisual

COMO CANS E GATOS

Obxectivos

  • Coñecer as diferentes normativas legais que afectan ás nosas mascotas.
  • Reflexión sobre a tenza responsable de animais domésticos.
  • Valoración sobre a necesidade desas normativas

Contidos

  • As normativas legais que afectan ás mascotas.
  • As orixes das nosas mascotas.
  • O maltrato animal na nosa sociedade.
  • As especies invasoras e os seus efectos no medio.
  • A orixe xeográfica dos nosos animais domésticos e a ruta da súa domesticación.
  • Rutas no mundo de comercio de especies animais e vexetais. Casos positivos e casos negativos.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Abordaremos os diferentes contidos mediante unha charla explicativa soportada sobre unha proxección. Inclúense trucos interactivos co fin de favorecer a participación. Incorpóranse animacións en flash para unha maior comprensión dos contidos a tratar.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

Xogo

A GRAN VIAXE DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Obxectivos

  • Coñecer a orixe dos animais domésticos no mundo.
  • Reflexión sobre os beneficios que nos reportaron e o uso que facemos diso.
  • Valoración sobre as consecuencias do comercio mundial de biodiversidade.

Contidos

  • Identificación das mascotas máis singulares: as máis comúns e as máis raras.
  • Hábitats de orixe e formas de vida destas especies.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Os alumnos divídense en 4 grupos. Cada grupo debe contestar unha serie de preguntas, identificar unha serie de erros, ou secuenciar unha serie de pistas.

A súa progresión no xogo vese documentada por unha proxección. O grupo que alcance a maior puntuación pode elixir un premio "virtual" e solidario para un proxecto nalgunha parte do mundo...

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC. Altofalante wireless para sons. Cartolinas con puntos obtidos.

Taller de experimentación

O MUNDO DENDE OS OLLOS DUN CAN

Obxectivos

  • Coñecer as diferentes pautas de conduta e percepción da realidade dos cans e algunhas outras especies de mascotas.
  • Reflexión sobre o tipo de relación dos humanos para cos animais máis próximos.
  • Valoración sobre o maltrato animal e as súas causas.

Contidos

  • Patróns de conduta vinculados a sensacións como o medo, a agresión, o xogo, o territorio, busca de parella, a xerarquía, a fame, a busca de compañía, a socialización, os celos, etc.
  • Principais pautas de conduta humanas e a súa similitude ou diferenza coa conduta animal.
  • A intelixencia animal segundo as especies. A súa evolución ao longo do tempo. As emocións nos humanos e os animais.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Abordaremos os diferentes contidos mediante unha serie de propostas visuais soportada sobre unha proxección. Sobre elas deben opinar e decidir os alumnos. Propóñense preguntas, algunhas delas con varias opcións.

Por último os alumnos poden intentar elaborar algunhas conclusións.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC.

Visita guiada

CANCEIRA MUNICIPAL DE BENS

Obxectivos

  • Coñecer as normativas que regulan a tenza de cans na cidade e facilitan a convivencia destes coa poboación.
  • Reflexionar sobre a problemática do abandono e maltrato animal nunha especie moi urbana e historicamente vinculada ao home.
  • Experimentar as principais pautas de conduta dos cans na súa relación coas persoas.

Contidos

  • Principais soportes da loita contra o abandono: tenza responsable, identificación con microchip, cría responsable.
  • Principais pautas na conduta canina. A expresión das emocións no can.
  • Normas de conduta, educación e convivencia de humanos e cans no medio urbano e rural.
  • A adopción de cans abandonados e a compra de individuos de raza definida.

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

O desenvolvemento desta visita e os seus contidos divídese en dúas partes:

a) charla e proxección: será protagonizada polo veterinario responsable da canceira, e contará cun espazo reservado a preguntas dos alumnos.

b) Visita aos caniles: coñecemento da problemática do abandono, e contacto con algúns dos cans recollidos.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC.

Contacto
Información de contacto

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambientalcoruna@gmail.com