Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Enerxía e cambio climático

Información xeral
Descrición

INTRODUCIÓN

A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...
Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento das nosas necesidades. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos depósitos de carbón, as repercusións sobre o medio do seu uso, etc. xeraron un desenvolvemento tecnolóxico e científico cara ás denominadas enerxías renovables que empezan a gañar presenza na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica...)
Construír un mundo máis sostible é a filosofía que o Concello da Coruña aplica ás súas instalacións enerxéticas. As súas dependencias municipais producen máis enerxía da que consumen. Isto conséguese coa posta en marcha de tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural coma o biogás procedente dos residuos urbanos. Novas tecnoloxías e novas aplicacións que se complementan cun esforzo aforrador e unha mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación continua e a súa automatización.
A concienciación dos máis novos representa o noso futuro: é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e o aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro e eficiencia enerxética.

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA

· Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.

· Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.

· Distinguir entre enerxías renovables e non renovables.

· Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.

ESTRUTURA

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) "A enerxía que move a miña cidade" b) "Coruña contra o cambio climático".
Actividades na aula: Duración: 60 minutos. Poderase elixir entre: a) Xogo "Avanzando coas enerxías renovables" b) "A miña proposta contra o cambio climático".
Itinerario/Visita guiada: Duración: 90 minutos. Planta de Coxeración de Bens.

A Enerxía e o Cambio Climático

Destinatarios

1º, 2º, 3º e 4º de E. Secundaria; 1º e 2º de Bacharelato. Ciclos Formativos.

Duración

Idade preferente

Actividades

Audiovisual interactivo (a escoller un)

A enerxía que move a miña cidade

60 min

1º,2 ,3 e 4º de ESO

Coruña contra o cambio climático

60 min

1º e 2º Bacharelato

Ciclos Formativos.

Actividades na Aula

(a escoller unha)

Xogo: “Avanzando coas enerxías renovables”

60 min

1º,2 ,3 e 4º de ESO

Proxecto: “A miña proposta contra o cambio climático”

60 min

1º e 2º Bacharelato

Ciclos Formativos.

Visita guiada

Planta de Coxeración de Bens

90 min

1º, 2º, 3º e 4º de ESO; 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos.

Material de Apoio

Manual do Profesor

Fichas de traballo do Alumno

Persoas destinatarias

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Secundaria; 1º e 2º de Bacharelato. Ciclos Formativos.

Período de realización

De outubro de 2015 a xuño de 2016

Novidades para este curso

Máis información

DESCRICIÓN ACTIVIDADES

AUDIOVISUAL

A enerxía que move a miña cidade

Obxectivos

· Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.

· Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.

· Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.

Contidos

· Concepto de enerxía.

· Tipos de enerxía. Enerxía renovable e non
renovable

· Usos da enerxía.

· Consecuencias do dispendio enerxético.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Neste audiovisual coñeceremos cales son as principais enerxías que moven o diario desenvolvemento da nosa cidade. Imos comprobar que, por desgraza, son as mesmas que o fan para a maioría dos nosos veciños europeos. É infinito o acceso a estes recursos? Aproveitaremos para coñecer iniciativas cidadás (de dependencias administrativas), persoais ou familiares que loitan contra corrente e decidiron que o seu é ver o mundo con enerxías renovadas e renovables.

Recursos necesarios

Charla- coloquio apoiada dun audiovisual.

AUDIOVISUAL

Coruña contra o cambio climático

Obxectivos

· Dar a coñecer os distintos aspectos do cambio climático.

· Motivar os alumnos a implicarse na resolución da problemática do cambio climático.

· Dar a coñecer o traballo do Concello da Coruña fronte ao Cambio Climático.

Contidos

O cambio climático está en boca de todos. Pero, é realmente tan relevante? O aumento de apenas dous graos de temperatura planetaria de media non parece que sexa un inconveniente nas nosas latitudes pero... éo! E imos comprobar con distintas evidencias que este tema debe de inquietarnos moito. É preciso que nos impliquemos!

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Vídeos, infografías, natureza, catástrofes, cambio de hábitos, historia, presente..., a través dun audiovisual comentado conduciranos nun túnel do tempo e nas consecuencias da acción humana sobre o clima.

Recursos necesarios

Charla- coloquio apoiada dun audiovisual.

TALLER

Xogo: Avanzando coas enerxías renovables

Obxectivos

· Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.

· Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.

· Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.

Contidos

Poden servir as enerxías renovables de veras a operar un cambio sobre os nosos hábitos? Son impagables? Teñen aínda baixos rendementos?

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Dividindo a aula en grupos imos desenvolver diferentes roles e personaxes para cada un deles. Representarán distintas enerxías e coñeceremos as súas potencialidades e os seus inconvenientes.

Recursos necesarios

Taboleiro de xogos, roles dos distintos grupos, cuestionarios, elementos para a exposición motivada en grupo, etc.

TALLER

Taller de investigación: A miña proposta contra o cambio climático

Obxectivos

· Coñecer a realidade acerca do cambio climático.

· Coñecer a influencia sobre os ecosistemas e os ambientes humanos.

· Coñecer que evidencias son incontestables acerca destes cambios que se están a producir.

· Investigar quen está a producir o cambio climático?

· Coñecer quen é as autoridades mundiais á fronte das estratexias contra este cambio.

Contidos

Evidencias incontestables confirman que a Terra vive un momento de quentamento global. Dirixentes mundiais, científicos e activistas propoñen e loitan contra esta evolución que parece imparable. Non obstante, algunhas luces parecen iluminar algo o camiño e facernos concibir certas esperanzas...

Na aula imos desenvolver un xogo de roll que nos permita botar unhas conclusións finais, unhas reflexións conxuntas acerca dos nosos hábitos e un propósito de emenda. Ao concluír o xogo, que dividirá á aula en distintos actores que escenifican papeis diferentes no cambio climático, deberemos ter claro que imos facer en diante para cambiar e mellorar a nosa pegada ecolóxica sobre o Planeta e a súa perniciosa contribución ao aumento global da temperatura.

Aula, proxectos, atrezzo para os distintos rolles de personaxes, cartolinas onde gravar os propósitos futuros, etc.

VISITA

Planta de Coxeración de Bens

Obxectivos

· Coñecer un espazo cívico gañado pola cidade despois do selado dun vertedoiro

· As tarefas de acondicionamento e selado da zona realizadas hai anos

· Coñecer as oportunidades de coxeración enerxética a partir dos residuos confinados

· Descubrir que outras enerxías temos visibles dende esta atalaia da cidade e que supoñen nos nosos hábitos diarios...

· A derruba do vertedoiro e o seu confinamento.

· As enerxías renovables e o resto de enerxías que chegan á nosa cidade, visibles dende esta atalaia.

· A coxeración eléctrica a partir dos lixos botados ao vertedoiro municipal durante décadas.

A actividade desenvólvese fundamentalmente no Parque de Bens. Neste parque pódense ver nun reducido espazo distintas fontes de enerxía. Dividiremos aos grupos para realizar unha gymkana en busca destas enerxías. Ao final, realizaremos unha posta en común. A visita péchase accedendo á planta de coxeración de Bens onde aínda hoxe se xera enerxía a partir dos residuos procedentes do selado do vello recolledor de lixo municipal.

Recursos necesarios

Materiais didácticos sobre as enerxías que servirán de apoio á visita.

Contacto
Información de contacto

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambientalcoruna@gmail.com