Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Anelamento científico de aves

Información xeral
Descrición

PROGRAMA A: Clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías

INTRODUCIÓN

Os naturalistas de todas as épocas mostraron unha gran preocupación por poñer orde na enorme variedade de seres vivos existentes. Hoxe en día a clasificación dos animais segue sendo unha cuestión cambiante e de actualidade. A elaboración de listados coas especies presentes nun espazo é a base de partida para todos os estudos e traballos que se desenvolven dirixidos á súa conservación. É por iso que é necesario manexar con soltura todo tipo de guías e claves. As aves máis frecuentes en espazos próximos a zonas urbanas son un bo punto de partida para iniciase no seu uso. Durante a fase práctica deste programa capturaremos aves o que nos permitirá ademais ir un pouco máis alá da identificación. A determinación do sexo, a idade, o seu estado físico, reprodutor... completarán a formación recibida neste programa.

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA:

  • Uso de guías e claves de identificación.
  • Identificar especies comúns nun espazo natural protexido: o Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Aplicación do método científico.

DESTINATARIOS

Alumnado de 1º de Bacharelato e de Ciclos Formativos

ESTRUCTURA:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Charla de duración aproximada de 60 minutos.
  • Taller teórico de identificación. Duración aproximada: 60 minutos. Aproximación teórica antes da saída ao campo
  • Taller práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.

Clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías

Destinatarios

1º Bacharelato e Ciclos Formativos

Duración

Actividades

Charla introdutoria

Claves e guías de identificación

60 minutos

Taller teórico

Uso de claves e guías de identificación

60 minutos

Taller práctico

Identificación de aves en man

180 minutos

Material de apoio

Guías de campo e claves

Redes e material de anelamento

PROGRAMA B: Bioloxía experimental e o método científico.

INTRODUCIÓN

A bioloxía divídese en descritiva e experimental. No primeiro caso limitámonos á mera observación dos seres vivos para clasificalos ou analizar o funcionamento da súa estrutura, e realizar descricións do observado. No segundo caso, aplicamos o método científico ao estudo dos seres vivos e é propia da ciencia moderna. Especialidades como a xenética ou a ecoloxía baséanse na súa aplicación.

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA:

  • Afondar na aplicación do método científico..
  • Distinción entre traballos de laboratorio e de campo.
  • Analizar os resultados dunha investigación

DESTINATARIOS

Alumnado de 2º de Bacharelato e de Ciclos Formativos

ESTRUCTURA:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes

  • Charla introdutoria de duración aproximada de 60 minutos.
  • Taller teórico. Duración aproximada: 60 minutos.
  • Taller práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.

Bioloxía experimental e o método científico

Destinatarios

2º Bacharelato e Ciclos Formativos

Duración

Actividades

Charla introdutoria

Bioloxía experimental

60 minutos

Taller teórico

Aplicación do método científico

60 minutos

Taller práctico

Traballo de campo

180 minutos

Material de apoio

Guías de campo e claves de identificación, fichas de traballo

Redes e material de anelamento

Persoas destinatarias

Alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos

Máis información

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin-top:0cm; mso-para-margin-right:0cm; mso-para-margin-bottom:10.0pt; mso-para-margin-left:0cm; line-height:115%; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-fareast-language:EN-US;}

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES

PROGRAMA A: Clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías

Charla introdutoria

Claves e guías de identificación

Obxetivos

  • Introdución ao uso de guías de identificación de aves
  • Introdución ao uso doutras claves

Contidos

  • Tipoloxía das guías de identificación
  • Morfoloxía das aves.
  • Determinación de sexo.
  • Determinación da idade .

  • Status reprodutor
  • A clasificación e a nomenclatura das aves
  • A conservación da biodiversidade

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Farase un breve repaso á clasificación das aves. Seguidamente introducirase aos alumnos nos diferentes manuais utilizados para a correcta identificación das especies máis comúns no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

Taller teórico

Uso de claves e guías de identificación

Obxetivos

  • Identificación de especies comúns do LIC Encoro de Abegondo-Cecebre por medio de fotografías e o uso de guías de identificación.
  • Determinación da idade en aves.
  • Determinación do estado físico dunha ave.
  • Identificación do status reprodutor dunha ave

Contidos

  • A clasificación e a nomenclatura das aves
  • A conservación da biodiversidade

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Por medio de fotografías realizadas con este propósito e coa axuda de claves e láminas de guías axeitadas determinaranse os tópicos arriba citados

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

Taller práctico

Identificación de aves en man

Obxetivos

  • Identificación de especies comúns do LIC Encoro de Abegondo-Cecebre por medio de fotografías e o uso de guías de identificación.
  • Determinación da idade en aves.
  • Determinación do estado físico dunha ave.
  • Identificación do status reprodutor dunha ave

Contidos

  • A clasificación e a nomenclatura das aves
  • A conservación da biodiversidade

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Instalarase un grupo de redes para a captura e anelamento científico de aves. Unha vez capturadas procederase a identificar a especie por medio das guías proporcionadas. As claves servirán para os outros aspectos tratados nas charlas, como determinación de sexo e idade

Recursos necesarios

Redes e material de anelamento. Claves, guías e fichas de identificación

PROGRAMA B: Bioloxía experimental e o método científico

Charla introdutoria

Bioloxía experimental

Obxetivos

  • Introdución ao traballo de campo.
  • Introdución ao método científico.
  • Introdución ao deseño de experimental

Contidos

  • Diferenciar traballo de campo e de laboratorio.
  • Pasos do método científico.
  • Pasos no deseño experimental

Relación co currículo escolar

  • Consolidar o método científico como ferramenta habitual de traballo e ,co deseño experimental, a interpretación de datos e a resolución de problemas

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Farase unha introdución ao método científico e o traballo de campo orientándoo ao deseño dun experimento que se implantará nunha sesión práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre, no que sería a primeira xornada de campo do experimento

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

Taller teórico

Aplicación do método científico

Obxetivos

  • Introdución aos diferentes pasos ata chegar ás conclusións do experimento:

Observación

Hipótese

Resultados

Conclusións

Relación co currículo escolar

  • Consolidar o método científico como ferramenta habitual de traballo e ,co deseño experimental, a interpretación de datos e a resolución de problemas

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Por medio da presentación dun exemplo real con aves comúns (do cal se realizará unha sesión de campo no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre), analizaranse e valorarán os resultados obtidos no traballo campo, extraéndose unhas conclusións finais

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

Taller práctico

Traballo de campo

Obxetivos

  • Obter os datos que permitirán levar adiante o experimento deseñado .
  • Coñecer un método de captura científica para o estudo das aves

Relación co currículo escolar

  • Consolidar o método científico como ferramenta habitual de traballo e ,co deseño experimental, a interpretación de datos e a resolución de problemas

Desenvolvemento da actividade e Metodoloxía

Instalarase un grupo de redes para a captura e anelamento científico de aves. Unha vez capturadas procederase a identificar a especie por medio de guías e á toma dos datos necesarios (lonxitude da á, peso, placa incubatriz...) para o experimento. A sesión de campo desenvólvese no Lugar de Importancia Comunitaria do Encoro de Abegondo-Cecebre

Recursos necesarios

Redes e material de anelamento. Claves, guías e fichas de identificación

Contacto
Información de contacto

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambientalcoruna@gmail.com