Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas escolares ás Bibliotecas Municipais

Información xeral
Descrición

Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar aos nenos e profesores ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.

As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos axeitados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e ao que ofrece unha biblioteca.

Persoas destinatarias

Alumnado de 5º e 6º de E. Infantil e 2º, 4º e 6º cursos de E. Primaria de centros educativos do municipio.

EDUCACIÓN PRIMARIA

A oferta para o 2º curso de primaira trátase dunha VISITA. Nesta visita o noso labor centrarase fundamentalmente no traballo do álbum ilustrado e na lectura de imaxes dándolle un certo protagonismo aos contos clásicos da Literatura Infantil.

A visita ten os seguintes obxectivos específicos:

  • Fomentar a lectura de imaxes como destreza ou capacidade
  • Interpretar as ilustracións/imaxes dos textos
  • Identificar o título e o autor nas obras de ficción
  • Identificar o autor e o ilustrador e distinguir as súas diferentes funcións
  • Inventar historias a partir das ilustracións dun libro
  • Fomentar o gusto por ver ou ler os libros

Na oferta para 4º de primaria, alumnado e profesorado, a través dunha proposta participativa, descubrirán que a información pódese presentar en distintos soportes e que é posible atopar aquilo que buscan, utilizando os recursos que ofrecen as bibliotecas.

Os obxectivos específicos para esta visita serán os seguintes:

  • Iniciarse na consulta de catálogos e saber interpretar a información contida neles.
  • Aprender a localizar documentos.
  • Presentar unha selección de títulos en diferentes formatos e chamar a atención cara a determinados temas, autores,...
  • Descubrir que a biblioteca pode dar resposta aos seus intereses persoais.

A oferta para 6º curso, co obxectivo xeral de que o alumnado alcance maior autonomía nas técnicas de procura e uso da información, xa que se atopa na antesala da Educación Secundaria e incrementarase a necesidade de dominar estas habilidades.

Por iso, a visita terá os siguientes obxectivos específicos:

  • Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organización da colección.
  • Recoñecer as diferentes fontes de información e instruir na súa correcta utilización.
  • Identificar e saber utilizar as partes do documento que conteñen información complementaria.
  • Coñecer os sistemas de organización gráfica da información.
Condicións do programa
  1. Para participar no programa de Visitas é condición necesaria a asistencia a unha reunión previa de preparación. A non asistencia á devandita reunión implicará a cancelación da visita solicitada.
  2. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitarase ás coordinadoras do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha Biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable da mesma nesa biblioteca.
  3. TRANSPORTE: correrá a cargo do centro educativo
Horario

Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as dúas horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

Inscrición centros

No caso de que a demanda de visitas exceda os máximos sinalados para cada biblioteca, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

A asignación dos grupos ás distintas Bibliotecas Municipais farase tendo en conta a proximidade dos centros participantes a cada unha delas

Inscrición alumnos
Novidades para este curso

Reunión previa de preparación da visita.

Nestes encontros entre bibliotecarios e mestres explicarase o contido de cada unha das visitas; entregarase o material correspondente; falarase do traballo anterior e/ou posterior na aula e resolverase calquera dúbida ou inconveniente que puidera xurdir.

A devandita reunión desenvolverase na biblioteca que cada mestre/a teña asignada para asistir co seu alumnado.

Centros onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 25 visitas (de luns a venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 25 visitas (martes e mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL FORUM METROPOLITANO: máximo 25 visitas (luns e mércores )
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL: máximo 30 visitas (martes, xoves e venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 30 visitas (martes e xoves)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 20 visitas ( martes e mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 20 visitas (xoves e venres)
Inscrición
Inscrición centros

No caso de que a demanda de visitas exceda os máximos sinalados para cada biblioteca, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

A asignación dos grupos ás distintas Bibliotecas Municipais farase tendo en conta a proximidade dos centros participantes a cada unha delas

Inscrición alumnos
Contacto
Información de contacto

Berta Picado

Telefono 981 184200 ext. 16074