Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museo Arqueolóxico e Histórico "Castelo de San Antón"

Información xeral
Descrición

Instalado no Castelo de San Antón, fortaleza construída nunha illa na baía da Coruña entre os séculos XVI e XVIII para a defensa da cidade e o seu porto dos ataques por mar, ata mediados do XX cumpriu tamén función de prisión.

O propio Castelo, independentemente dos elementos propios do Museo, resulta de indubidable interese para un aproveitamento didáctico, como elemento militar, na súa arquitectura, na súa historia ou na súa faceta de prisión.

En 1960 o Ministerio del Ejército cedeu o edificio ao Concello de A Coruña creándose o Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade, que abre as súas portas ao público en 1968.

O Museo, de titularidade municipal, conserva e expón pezas da prehistoria e da historia da cidade de A Coruña, da provincia e de Galicia en xeral.

Cós diferentes programas didácticos propostos para o Museo Arqueolóxico téntase achegar aos alumnos ao noso pasado, para que comprendan mellor e dun xeito mais directo, cómo vivían os homes e mulleres do pasado, sempre a través do materias expostos nas diferentes salas do museo e có apoio de explicacións teórico- prácticas.

PROGRAMAS NO MUSEO ARQUEOLÓXICO

1. UN PASEO POLA HISTORIA

O Museo Arqueolóxico e Histórico permite facer diferentes tipos de percorridos polas súas salas: un percorrido xeral que abrangue as seccións de Arqueoloxía e Historia, ou ben uns percorridos máis específicos pola sección de Historia da cidade da Coruña e do propio Castelo de San Antón, ou pola sección de Arqueoloxía. A parte de arqueoloxía está subdividida en diferentes apartados: a Prehistoria, os Castros e a Romanización. Un percorrido que nos permite coñecer mellor o noso pasado a partir dos restos materiais dos nosos antepasados saberemos un pouco máis de como vivían, qué comían, ou cómo se relacionan, os homes e mulleres da Prehistoria, da época castrexa e na época da romanización, grazas ás ferramentas e útiles cotiás e de traballo atopados nas escavación arqueolóxicas da cidade de A Coruña e ao longo da provincia e da comunidade galega.

2. DESCUBRINDO A ARQUEOLOXÍA: OBRADOIRO DIDÁCTICO.

Ofértanse un obradoiro práctico, que será dirixido polo persoal do museo: “O Gabinete Arqueolóxico”.

Esta actividade conxuga unha visita guiada pola sección de arqueoloxía y unha práctica relacionada có percorrido realizado nesta sección, na que os alumnos poderán ver e tocar pezas arqueolóxicas de diferentes épocas e procedencias, e entender así, dun xeito máis directo o traballo dos arqueólogos e o tratamento dos materiais unha vez pasan a formar parte da colección do museo.

Os materiais cós que traballan os alumnos neste obradoiro serán materiais orixinais e reproducións de pezas destacadas expostas nas vitrinas do museo.

Persoas destinatarias

· Alumnos de 5º e 6º ciclo de E. Infantil, E. Primaria, ESO, Bacharelato FP de todo tipo de centros

· Programa "UN PASEO POR LA HISTORIA": máximo de 25-30 alumnos por grupo, acompañados del profesorado responsable. Con la posibilidad de simultanear 2 grupos.

· Programa "DESCUBRIENDO LA ARQUEOLOGÍA": máximo de 15-20 alumnos por grupo, acompañados del profesorado responsable.

Período de realización

As visitas se levarán a cabo durante os meses de marzo, abril e maio de 2016, en días lectivos de martes a venres, en horario de mañá (10:00 -13:00 h.)

Condicións do programa

Se poden facer diferentes tipos de visitas ás salas do museo, en función das necesidades do alumnado, adaptándose ás especificacións de cada grupo.

· As visitas teñen unha duración aproximada de 60 minutos.

· A adxudicación das visitas non inclúe servizo de autobús, excepto para os CEIP da cidade inscritos a través do programa “Coruña de Aventura”.

· O centro educativo deberá comunicar calquera modificación con 48 horas de antelación.

· As visitas son guiadas por un monitor.

· Entregarase ao profesorado información e unidades didácticas. Nos casos que se solicite, porase á súa disposición outra información complementaria.

Horario

As visitas se levarán a cabo durante os meses de marzo, abril e maio de 2016, en días lectivos de martes a venres, en horario de mañá (10:00 -13:00 h.)

Custo

Todas as visitas son gratuitas e con previa inscrición, excepto para os centros de fora da cidade que realicen as visitas do Museo fora do programa "Coruña de Aventura" que deberán aboar 1,00 € por alumno.

Inscrición centros

A través do programa "Coruña de Aventura" segundo as propias características do programa ou directamente no contacto do Museo Arqueolóxico.

Do 10 ao 30 de setembro.

Máis información

Ponse á disposición do profesorado un dossier informativo dos contidos do Museo, con aplicacións didácticas do mesmo. Se desexa información máis específica, pódense poñer en contacto có Museo Arqueolóxico, dende onde se lles facilitará a documentación necesaria para ampliar os contidos, para a preparación previa da visita ou para complementala posteriormente na aula.

Centros onde se oferta

Os programas educativos do Museo Arqueolóxico están destinados a todo tipo de centros educativo (públicos, privados ou concertados) tanto aos procedentes da cidade de A Coruña coma aos de fora dela.

Inscrición
Inscrición centros

A través do programa "Coruña de Aventura" segundo as propias características do programa ou directamente no contacto do Museo Arqueolóxico.

Do 10 ao 30 de setembro.

Contacto
Información de contacto

A través do programa “Coruña Educa” ou directamente no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”

Teléfono: 98118 98 50

Correo electrónico: museo.arqueoloxico@coruna.es

Horario xeral de apertura ao público:

De martes a sábado: de 10 a 19:30 h. (ata as 21 h. xullo e agosto).

Domingos e festivos: de 10 a 14:30 h. (ata as 15 h. xullo e agosto).

Luns: pechado ao público.

Coordinación Didáctica: Ana Martínez Arenaz