Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Campionato internacional de modelado 3D de precisión co teu móbil

Información xeral
Descrición

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil: “d3mobile.es Metrology World League”, ao que se suma o Concello da Coruña co “PREMIO Á INNOVACIÓN D3MOBILE CONCELLO DA CORUÑA” ao centro do equipo campión desta cidade.

Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio teléfono móbil.

d3mobile.es pretende que o estudantado nado entre 1998 e 2000 de todo o mundo participen nun campionato por equipos, no que se estimule a súa capacidade investigadora. Para iso exponse o uso dun instrumental co que todos eles actualmente están moi familiarizados: o seu teléfono móbil e un computador persoal. Deberán aprender, coa guía dalgún dos seus profesores e o software que se lles proporcionará, a técnica fotogramátrica básica, unha metodoloxía que con apenas dúas tardes de estudo permitiralles facer modelos tridimensionales a escala de obxectos sinxelos.

O Campionato desenvolverase a través da Web http://d3mobile.es/index.php?idioma=gl

Persoas destinatarias

Estudantado nado entre 1998 e 2000 de todo o mundo

Período de realización

DATAS DE ENTREGA

  • Primeira proba antes do 1/04/2016
  • Segunda proba antes do 8/04/2016
  • Terceira proba antes do 15/04/2016
  • Inicio período de votacións entre equipos e públicas: 27/04/2016
  • Fin período de votacións entre equipos: 20/05/2016
  • Fin período votacións públicas: 30/06/2016
  • Publicación gañadores probas e votacións: 15/06/2016
  • Cerimonia de entrega de premios: a partir do 16/06/2016

Envío de premios ao resto de gañadores e diplomas: a partir do 30/06/2016

Inscrición alumnos

PERÍODO DE INSCRICIÓN: Ata 14/03/2016.

Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos/as( de 15 a 17 anos) e un/unha profesor/a responsable que será o/a líder. Un mesmo profesor poderá tutelar ata un máximo de 6 equipos, do mesmo ou de diferentes cursos. En cualquera caso, so se concederá un premio por centro escolar en base á puntuación total lograda.

A inscrición formalizarase en dúas partes:

  1. A primeira realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/.
  2. E a segunda, a través da páxina oficial do programa Autodesk 123D Catch http://www.123dapp.com/catch. O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.

Tras a preinscrición do profesorado, este xa dispoñerá dos enunciados das tres probas e acceso ao foro do campionato, para poder así configurar os seus equipos, planficar o seu traballo e o do seu alumnado. Recoméndase comezar a realizar as probas no momento de descargalas.

Máis información

PREMIOS 2016

Os premios do Campionato Internacional de Modelado 3D de precisión co teu móbil están valorados en máis de 13.500 €. Ademáis, elaborarase un diploma acreditativo de participación no campionato a todo o profesorado e alumnado participante.

Entre eles, o premio D3MOBILE- Concello da Coruña

PREMIO Á INNOVACIÓN D3MOBILE CONCELLO DA CORUÑA AO CENTRO DO EQUIPO CAMPIÓN DESTA CIDADE DE MODELADO 3D DE PRECISIÓN CON TELÉFONO MÓBIL: UNHA IMPRESORA 3D VALORADA EN 500 €.

Cartel e vídeo promocional

INFORMACIÓN RELACIONADA Video promocional
Inscrición
Inscrición alumnos

PERÍODO DE INSCRICIÓN: Ata 14/03/2016.

Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos/as( de 15 a 17 anos) e un/unha profesor/a responsable que será o/a líder. Un mesmo profesor poderá tutelar ata un máximo de 6 equipos, do mesmo ou de diferentes cursos. En cualquera caso, so se concederá un premio por centro escolar en base á puntuación total lograda.

A inscrición formalizarase en dúas partes:

  1. A primeira realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/.
  2. E a segunda, a través da páxina oficial do programa Autodesk 123D Catch http://www.123dapp.com/catch. O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.

Tras a preinscrición do profesorado, este xa dispoñerá dos enunciados das tres probas e acceso ao foro do campionato, para poder así configurar os seus equipos, planficar o seu traballo e o do seu alumnado. Recoméndase comezar a realizar as probas no momento de descargalas.

Novas
Novas relacionadas
A USC achega a tecnoloxía ás aulas con ‘D3Mobile’, un torneo mundial de modelado 3D con móbil apoiado por Paul Gasol Apuntados xa equipos de 20 países na ‘D3Mobile Metrology World League 2016’, dotada con 13.500 euros en premios e unha bota de Gasol asinada para o gañador