Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa de Ocio Educativo

Información xeral
Descrición

O programa presenta unha composición multidisciplinar estruturada en actividades que posibilitan unha formación integral co xogo como principal ferramenta de intervención educativa. Como complemento ao programa, organízanse visitas didácticas aos equipamentos científicos e culturais da cidade nos que os/as escolares participarán en propostas elaboradas e adaptadas a sua idade e intereses.

As áreas de contidos para o curso 2015/2016 son:

  • Divermates e pequeciencia
  • Exprésate! (galego e castelá)
  • Escola de actores (galego/castelá)
  • ExperimentART (inglés)
  • Music and play (inglés)

Por outra banda, os/as escolares, dependendo do obradoiro no que participen, intervIrán noutras accións educativas como a Feira Matemática, o Día da Ciencia na Rúa, o Certame de Teatro Escolar, etc...

Persoas destinatarias

Escolares de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria dos centros educativos públicos do Concello.

  • As solicitudes dos/as escolares con NEE, serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e dispoñibilidade de recursos
  • A ratio mínima para formar grupo será de 10 participantes e a máxima de 20.
Período de realización

Do 1 de outubro de 2015 ao 31 de maio de 2016. Este prazo poderase ampliar até o 15 de xuño segundo a decisión da ANPA.

Condicións do programa

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización dos módulos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo/aula de referencia.

Horario
De luns a venres, das 16.00h. ás 18.00h. en horario ininterrumpido.

Cada obradoiro do programa realízase no día que asigne o ANPA, tendo en conta a dispoñibilidade de espazos do centro.

MODELO CALENDARIO ORIENTATIVO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

De 16:00h. a 18:00h.

DIVERMATES E PEQUECIENCIA

EXPRÉSATE! (galego e castelán)

ESCOLA DE ACTORES (galego e castelán)

EXPRIMENTART (inglés)

MUSIC AND PLAY (inglés)

Custo

Existen dúas modalidades de participación no programa. Cada unha delas ten establecida unha COTA TRIMESTRAL en concepto de materiais didácticos e desprazamentos aos equipamentos científicos e culturais da cidade.

MODALIDADE 1 OU COMPLETA

  • 5 días completos á semana (de luns a venres 10h)
  • Cota trimestral: 30€

MODALIDADE 2 OU PARCIAL(1)

  • De 1 a 4 días á semana
  • Cota trimestral:

*1 día: 10€ / *2 días: 15€ / *3 días: 20€ / *4 días: 25€

(1) En ningún caso a asistencia será só dunha hora.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 ao 17 de setembro de 2015

*Información xeral para centros educativos

Inscrición alumnos

PRAZO INSCRICIÓN: do 10 ao 17 de setembro de 2015

Lugar de inscrición: no local da ANPA de cada centro educativo no que se realice este programa.Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que solicita.

Para formalizar a inscrición no Programa de Ocio Educativo deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.

Centros onde se oferta
  • CEE Nosa Señora do Rosario
  • CEE Nosa Señora de Lourdes
  • CEIP Anxo da Garda
  • CEIP Concepción Arenal
  • CEIP Curros Enríquez
  • CEIP Emilia Pardo Bazán
  • CEIP Eusebio da Guarda
  • CEIP José Cornide
  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP Labaca
  • CEIP María Barbeito
  • CEIP María Pita
  • CEIP Montel Touzet
  • CEIP Prácticas
  • CEIP Raquel Camacho
  • CEIP Rosalía de Castro
  • CEIP Sagrada Familia
  • CEIP Sal Lence
  • CEIP Salgado Torres
  • CEIP San Francisco Xabier
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Zalaeta
Entidades colaboradoras

Federación Provincial de Anpas e Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15002 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

INFORMACIÓN RELACIONADA Tríptico POE (608,14 kB)
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 ao 17 de setembro de 2015

*Información xeral para centros educativos

Inscrición alumnos

PRAZO INSCRICIÓN: do 10 ao 17 de setembro de 2015

Lugar de inscrición: no local da ANPA de cada centro educativo no que se realice este programa.Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que solicita.

Para formalizar a inscrición no Programa de Ocio Educativo deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.

Contacto
Información de contacto

Federación Provincial de Anpas e Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15002 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org