Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional

Información xeral
Descrición

Xornadas onde se informa e orienta ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

Persoas destinatarias

Alumnado, orientadores/as e profesorado dos centros de educación secundaria do municipios da Coruña e centros doutros municipios que o soliciten.

Período de realización

Estudos de Formación Profesional e superiores de deseño

Visitas guiadas ás instalacións e charlas informativas sobre o sistema de acceso, o contido e as saídas profesionais dos ciclos formativos.

  • Visitas aos centros de FP do 4 ao 8 de abril
  • Mesa de Estudos Superiores de Deseño e de Arte Dramático, 5 de abril (EASD Pablo Picasso)

Estudos Universitarios:

Mesas universitarias do 11 ao 15 de abril no CUR- Centro Universitario de Riazor

Sede: Centro Universitario de Riazor (CUR)

R/ Almirante Lángara s/n Tf. 981 167 000

Condicións do programa

As Xornadas divídense en dúas accións:

  • Unha semana de visita aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos; e unha xornada de presentación dos Estudos Superiores de Deseño.
  • Unha semana de mesas informativas sobre os estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas e dos estudos profesionais de policías e forzas armadas. Cóntase cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para o estudantado, de cara á toma de decisións académicas.

COLABORAN: As Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e centros educativos da cidade.

Para asistir ás mesas informativas e ás visitas aos centros de FP: aínda que o acceso é gratuíto, é imprescindible a presentación da credencial correspondente.

  • As credenciais para os asistentes repartiranse en cada centro educativo unha vez feita a solicitude previa.
  • Unha vez que remate o prazo de solicitude o Centro Municipal de Información Xuvenil (Forum Metropolitano. r/ Río Monelos, 1. T.: 981 18 42 94) distribuirá as credenciais sobrantes a aqueles estudantes interesados que non as obtivesen no seu centro educativo.
Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “CORUÑA ORIENTA: XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (XOUP)”

Do 10 ao 18 de marzo do 2016.

Para acceder a ela poderán empregar a clave que se lles adxudicou o ano pasado ou solicitala de novo no servidor central (981 902 327).

Máis información

Credenciais:

Estudos de Formación Profesional e Superiores de Deseño:

Unha vez cuberta a ficha específica coa petición de prazas obterá un xustificante coa reserva feita que terá que imprimir. Este documento recolle as credenciais do alumnado que deben de entregar o día da visita.

Mesas de Estudos Universitarios:

Unha vez revisadas as solicitudes, o Servizo Municipal de Educación asignará as prazas e remitirá as prazas e remitirá aos centros as credenciais para as Mesas Universitarias.

*Para asistir ás Visitas e ás Mesas é imprescindible presentar a credencial correspondente

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “CORUÑA ORIENTA: XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (XOUP)”

Do 10 ao 18 de marzo do 2016.

Para acceder a ela poderán empregar a clave que se lles adxudicou o ano pasado ou solicitala de novo no servidor central (981 902 327).

Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao

educación@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70

Novas
Novas relacionadas
O Concello abre ata o día 18 o prazo para inscribirse nas Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, que terán lugar entre o 4 e o 15 de abril O Concello abre ata o día 18 o prazo para inscribirse nas Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, que terán lugar entre o 4 e o 15 de abril