Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Idiomas do mundo

Información xeral
Descrición

O obxecto deste programa é ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, de realizar unha actividade de inmersión lingüística de 4 semanas de duración durante o verán de 2016 co obxecto de avanzar no dominio dalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo (inglés, portugués, francés e alemán) e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) coa obtención do diploma correspondente. O programa, ademais, permitirá a alumnado a súa participación nunha acción intercultural por medio do achegamento a outra cultura de Europa. Asemade, constitúe o obxecto do programa a educación dos participantes no respecto á diversidade e a igualdade.

DESTINOS E DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS

  • Irlanda/Reino Unido (inglés) 50 prazas.
  • Portugal (portugués) 10 prazas.
  • Francia (francés) 20 prazas.
  • Alemaña/Austria (alemán) 20 prazas.

SERVIZOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA

  • Organización dunha xornada informativa, de preparación específica, para o alumnado participante no programa.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até o destino asignado a cada alumno/a participante.
  • Estancia no país de destino durante un período de 4 semanas, correspondente ao curso de inmersión lingüística nese país, vivindo en familia ou residencia, en réxime de pensión completa.
  • Realización de clases intensivas de idioma.
  • Subministro de material escolar para as clases.
  • Realización de actividades culturais e lúdicas programadas.
  • Seguimento e control, por persoal especializado, da vida do/a alumno/a na familia de acollida ou residencia, do seu comportamento e rendemento académico no centro así como da súa vida social.
  • Realización de proba oficial acreditativa do nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e obtención do Diploma correspondente.
  • Seguro de responsabilidade civil.

TIPOS DE BOLSAS

  • Bolsa total. O Concello asumirá o 100% do custo total das prazas do alumnado seleccionado con ingresos familiares per cápita no ano 2014 inferiores a 8.387,15 €
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 90% e un mínimo do 50% do custo total das prazas asignadas ao alumnado que non teña dereito a gozar de bolsa total; e as familias un mínimo do 10% e un máximo dun 50%

Persoas destinatarias

REQUISITOS DOS/DAS SOLICITANTES

  • Constar empadroado e residir no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal[2], dende o 1 de setembro de 2015. Tamén serán aceptados empadroamentos posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña. A persoa solicitante deberá autorizar ao Concello da Coruña, marcando a casa que aparece na ficha de solicitude, para que consulte os datos do Padrón municipal e comprobar que consta empadroada na cidade.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO.
  • Obter en 3º da ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa. Non se considerará a materia de relixión.
  • Obter en 3º da ESO unha cualificación de 7 puntos ou máis na/s materia de lingua/s estranxeira/s (inglés/portugués/francés/alemán) pola/s que se queira optar e estar a cursala/s no curso 2015/2016. No caso de de estar a cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a cualificación obtida nela. Para o caso de portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura.
Período de realización

4 semanas de duración durante o verán de 2016

Inscrición alumnos

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é do 11 ao 29 de abril de 2016.

Inscrición en liña a través da ficha específica Idiomas do Mundo

O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica indicando o idioma ou idiomas para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia.
Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que debe de imprimir o solicitante. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.
A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, indicando como solicitante os datos do/a alumno/a.
DOCUMENTACIÓN
A documentación presentarase nun sobre pechado no que se fará constar o nome e apelidos da/o alumna/o solicitante e o seu enderezo.

  • a) Fotografía recente tamaño carné.
  • b) Fotocopia do documento oficial de identidade (DOI) do solicitante e dos pais ou representantes legais.
  • c) Resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña. Debe de estar asinado polo/a participante e a persoa ou persoas que teñan a patria potestade ou tutela sobre o/a participante.
  • d) No caso de non se autorizar a consulta de datos á Axencia Tributaria (marcando a casa correspondente que figura na ficha de inscrición) certificacións expedidas pola Axencia Tributaria das declaracións de IRPF individuais de ambos proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2014, emitidas e datadas no mes de setembro, ou posterior, de 2015.
    • As persoas que forman parte de unidades familiares non obrigadas a declarar ou das que as administracións tributarias non dispoñen de datos, deberán entregar unha certificación expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria acreditativa desta situación.
    • No suposto de familias monoparentais achegarase a certificación de quen teña atribuída legalmente a garda e custodia do participante. Para estes efectos considerase “familia monoparental” a formada por nai ou pai solteira/o, ou por nai ou pai en situación de separación legal, divorcio ou viuvez. Non se considerará familia monoparental aquela na que se teña acordada custodia compartida.
    • A condición de familia monoparental acreditarase mediante fotocopia compulsada do libro de familia e, no seu caso, resolución xudicial de separación, divorcio, nulidade ou adopción de medidas paterno-filiais.
  • e) Cando se teña acordada pensión de alimentos deberá achegarse, xunto coa resolución xudicial máis recente que a estabeleza, unha declaración responsábel do proxenitor custodio indicando a contía percibida por tal concepto no ano 2014 no modelo que figura como anexo II. No caso de que exista incumprimento total ou parcial do abono da pensión deberá xuntarse copia da admisión a trámite da demanda de execución ou da denuncia presentada.
  • f)Certificado das cualificacións correspondentes a 3º da ESO do curso académico 2014-15.
  • g)Certificado de estar a cursar en 4º da ESO a/s lingua/s estranxeira/s as que se opta, agás no caso de portugués. O certificado poderá substituírse por copia compulsada do boletín de cualificacións de 4º da ESO. De se estar matriculado na Escola Oficial de Idiomas, certificación do centro ou copia compulsada do boletín de cualificacións.
  • h) Se for o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo oficial competente na materia, acreditativo do grao de minusvalía do alumno/a e/ou doutro integrante da unidade familiar.
  • i) Anexo I cuberto polo centro educativo segundo as indicacións e coas sinaturas e selo correspondentes.

Con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes non se admitirá a alegación de documentación baremábel.

Máis información

Para máis información consulten as bases do programa

Inscrición

Contacto
Información de contacto

Servizo municipal de educación

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12043, 12047 e 12027

Fax: 981 18 43 70