Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa

ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria. Ábrese un prazo extraordinario de solicitude do 6 ao 8 de xuño

ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria. Ábrese un prazo extraordinario de solicitude do 6 ao 8 de xuño

O Concello da Coruña ABRE DO 6 ao 8 DE XUÑO O PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A INSCRICIÓN do programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA IV. 2ª CONVOCATORIA cara a adxudicación de 20 bolsas para titulados/as de ciclos medios de FP, para facer prácticas de traballo de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, as 17 solicitudes admitidas non cubren as 20 prazas ofertadas e, sendo coñecedores do interese de máis titulados por participar no programa, toda vez que algún deles procediu a cubrir a ficha de inscrición on line disposta na web educativa municipal aínda que non formalizou posteriormente a súa inscrición nos diferentes rexistros municipais; desde o Servizo Municipal de Educación entendense axeitado a apertura dun novo prazo extraordinario de inscricións dentro desta segunda convocatoria para desta maneira dar resposta á posible demanda existente neste sentido.

A inscrición poderá facerse na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es)a través dunha ficha e presentando a documentación exisida en calquera dos rexistros municipais, ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano ou Ágora.

  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)
  • Se é o caso, calqueira tíitulo oficial de idiomas.

O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración da empresa de xestión Oneco e as organizaciones intermediarias nos países de destino; e finanzamento da Deputación provincial da Coruña.

O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP que acadaron a súa titulación durante o primeiro trimestre de 2016 e estudantes que rematarán en xuño de 2016, incluida la FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes públicos (CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz) ou nos centros concertados (Fogar de Santa Margarida, Grande Obra de Atocha, Liceo la Paz ou Centro de Formación da Cruz Vermella) do municipio, que participan como socios no programa.

o proceso de selección dos participantes desenvolverase durante os meses de xuño e xullo. As persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas laboráis durante os meses de setembro a decembro de 2016.

Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada por unha Comisión de Valoración, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.

As 20 bolsas distribuense da seguinte maneira:

  • Belfast (Reino Unido): 3 bolsas
  • Cork (Irlanda): 3 bolsas
  • Florencia (Italia): 5 bolsas
  • Lisboa (Portugal)/ Cracovia (Polonia): 6 bolsas
  • Viena (Austria): 3 bolsas

As bolsas incluen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e accidentes; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. Esta cantidade pode oscilar entre os 600 e 950€ mensuais aproximadamente, dependendo do país de destino.

O Concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizaciones intermediarias nos países de destino, tamén encarganse da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos e das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecimento oficial das prácticas.

ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Servizo Municipal de Educación

Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª y 3ª plantas. 15001 A Coruña

Correo-e: educacion@coruna.es

Página web: www.edu.coruna.es

Teléfono: 981 184 200

Técnicos de Educación:

Alfonso Queijo (ext: 12114) y Ana Judel Prieto (ext. 12038)

Acceso á ficha de inscrición