Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa

Información xeral
Descrición

Programa que organiza e posibilita as prácticas de empresa en Reino Unido, Irlanda, Austria, Italia, Polonia e Portugal para alumnado con título de Técnico Medio en FP específica.

Persoas destinatarias

Alumnado que obteña o título de Técnico Medio en determinadas familias profesionais durante o curso 2014/15 ou 2015/16, matriculados en Ciclos de Grao Medio en centros educativos públicos e concertados do Concello e que sexan socios do proxecto.

Período de realización

Desde xuño de 2015 ata xuño de 2017.

Duración das prácticas: 3 meses

Condicións do programa

A primeira convocatoria de 30 prazas está destinada a estudantes de ciclos medios titulados en xuño de 2015 e que titulen en decembro de 2015. O períodos das prácticas desenvolverase entre os meses de marzo e maio de 2016.

A segunda convocatoria de 20 prazas está destinada a estudantes de ciclos medios que titulen en xuño de 2016. O período das prácticas desenvolverase desde mediados de setembro ata mediados de decembro de 2016.

Custo

Gratuíto

Inscrición alumnado

Na ficha específica Acoreuropa do 9 ao 30 de novembro no caso da primeira convocatoria.

Segunda convocatoria, en datas por determinar.

Inscrición
Inscrición alumnado

Na ficha específica Acoreuropa do 9 ao 30 de novembro no caso da primeira convocatoria.

Segunda convocatoria, en datas por determinar.

Contacto
Información de contacto

Alfonso Queijo

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00, ext. 12114.

Fax: 981 18 43 70

Novas
Novas relacionadas
Recepción dos estudantes participantes no programa Acoreuropa IV O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, participaron hoxe na recepción, no Salón de Plenos do Pazo de María Pita, dos e das 30 estudantes que participarán na primeira convocatoria do programa AcoreuropaIV
Próxima saída para a estadía de 3 meses nos seus destinos europeos dos 30 participantes da 1ª convocatoria O próximo 29 de marzo sairán 8 dos 10 participantes con destino a Florencia (unha xa saliu o 15 de marzo e o último participante sairá o 26 de maio). Ao día seguinte, o 30 de marzo sairan os 9 participantes para Lisboa, os 5 para Cork (Irlanda) e os 4 para Portsmouth (Reino Unido). E, por último, o 7 de abril sairán 2 para Viena (Austria).
ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria Pubicación da Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluidas
ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria. Ábrese un prazo extraordinario de solicitude do 6 ao 8 de xuño ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria. Ábrese un prazo extraordinario de solicitude do 6 ao 8 de xuño
ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria: Listaxe provisional de persoas seleccionadas. Publícase a listaxe provisional das persoas seleccionadas para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA IV, 2ª CONVOCATORIA, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.
ACOREUROPA IV. 2ª convocatoria: Publicación da listaxe definitiva de persoas seleccionadas para o Programa de Bolsas FP e a convocatoria da reunión informativa O Servizo Municipal de Educación convoca ás persoas seleccionadas a unha REUNIÓN INFORMATIVA, o próximo venres 16 de setembro ás 13:00h, na sede do Consello Escolar Municipal