Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Torneo de debate escolar

Información xeral
Descrición

Trátase dun concurso escolar cuxo obxectivo fundamental é a práctica por parte do noso alumnado dunha serie de competencias estratéxicas nas dúas linguas oficiais, como son:

  • Mellorar a análise da información e a lectura comprensiva
  • Aprender a escoitar de forma crítica
  • Aprender a expresar oralmente e de forma axeitada o pensamento propio
  • Adquirir capacidade argumentativa
  • Conseguir fluidez na expresión oral
  • Adquirir dominio da comunicación non verbal
  • Aprender a traballar en equipo
  • Practicar a asertividade
  • Adquirir valores como o respecto e a tolerancia ante a discrepancia nas ideas
Persoas destinatarias

Centros públicos, concertados e privados de ensino secundario da cidade da Coruña. É un torneo pensado, organizado e dirixido ao alumnado de Educación Secundaria dende 1º da ESO ata 1º de Bacharelato

Período de realización

Curso 2015-2016

Condicións do programa

Cada centro poderá participar con un, dous ou tres equipos. Cada equipo estará composto dun mínimo de catro e un máximo de cinco alumnos. Cada equipo contará cun profesor titor que actuará tamén como representante do equipo e do centro ante a organización. Un dos equipos defenderá a postura a favor e o outro a postura en contra. Que postura defenderá cada equipo decidirase mediante sorteo no momento de iniciar cada debate. En cada equipo intervirán un orador por quenda e polo menos catro oradores diferentes ao longo do debate.

O xuíz principal verificará que se encontran presentes os equipos participantes, así como que se cumpren todos os requisitos para que se inicie o debate. O xuíz principal sorteará as posturas e presentará os equipos ante o auditorio. Unha vez concluído o debate os xuíces deliberarán durante algúns minutos. Os xuíces darán seguidamente recomendacións de mellora a cada equipo e afianzaranlles os seus puntos fortes.

Horario

Por determinar

Custo

Gratuito

Centros onde se oferta

Poderán participar neste Torneo os centros educativos públicos, concertados e privados do Concello da Coruña

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

Tfno: 981 18 42 00

educacion@coruna.es

Axenda
Axenda relacionada e próximos eventos

Eventos de Axenda

Evento Inicio Fin
Final do torneo no centro ÁgoraConvidámosvos este domingo 6 de marzo á final da zona da Coruña do Club de debate no Centro Ágora. 06/03/2016(9:30) ---