Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

O teatro das emocións

Información xeral
Descrición

O teatro das emocións é un programa inclusivo de habilidades sociais dirixido a escolares de primaria e especialmente a alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

Obxectivos:

  • Compartir e gozar da actividade de teatro, aprendendo tamén entre todos e todas, habilidades sociais e emocionais nun contexto inclusivo.
  • Favorecer e mellorar as capacidades de comunicación interpersoal.
  • Coñecemento doutros nenos e nenas doutras escolas.
  • Xerar e potenciar habilidades de autonomía e independencia.

Contidos:

  • Expresión corporal e psicomotricidade.
  • Xogos de creatividade, danza e ritmo.
  • Escenificación ligada á improvisación (que impliquen contacto físico...)
  • Roles (animais, persoas...)
  • Mimo
  • Desenvolvemento de curtas.
  • Representación do proxecto ao final do curso

Metodoloxía:

A metodoloxía é adaptada ás diferentes idades e necesidades dos escolares, cun enfoque activo, participativo e lúdico.

A idea final é unha representación na que se vexa o traballo feito no curso.

Recursos humanos:

Equipo docente formado por un/unha profesor/a de teatro e un/unha profesional con experiencia en TEA

Persoas destinatarias

Escolares de primaria e especialmente alumnado con Transtornos do Espectro do Autismo (TEA)

Período de realización

Desde o 3 de febreiro ata o 25 de maio de 2016

Horario

Os mércores de 18:30h a 20:30h.

Inscrición alumnado

Prazo de inscrición: ata o 29 de xaneiro

Prazas limitadas: máximo 10 alumnos/as.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Ana Botana a través do teléfono 981 18 42 00 (ext 12041) ou do enderezo electrónico: a.botana@coruna.es

Centros onde se oferta

Lugar de impartición: Centro Cívico de EIRÍS

Inscrición
Inscrición alumnado

Prazo de inscrición: ata o 29 de xaneiro

Prazas limitadas: máximo 10 alumnos/as.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Ana Botana a través do teléfono 981 18 42 00 (ext 12041) ou do enderezo electrónico: a.botana@coruna.es

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

www.edu.coruna.es

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 Ext. 12041

Fax: 981 184 370