Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Rutas Urbanas Animadas

Información xeral
Descrición

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres até os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas.

Ruta 2 e 3 anos. PARQUE DE SANTA MARGARIDA: ESPERTANDO OS SENTIDOS (parque de Santa Margarida_ entorno Casa das Ciencias)

Temática: Unha aproximación aos espazos e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza

Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística

Ruta 4 anos. HISTORIAS DE MARÍA PITA (Praza de María Pita)

Temática: Un espazo histórico-cultural no que poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita.

Competencias: Social e cidadá. Lingüística

Ruta 5 anos. UN MUSEO AO AIRE LIBRE (Xardíns Méndez Núñez _ zona monumento Curros Enríquez)

Temática: Unha zona dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.

Competencias: Cultural e artística. Lingüística

Ruta 1º EP. XARDÍN DE SAN CARLOS: MEMORIAS DUNHA BATALLA (Xardín de San Carlos e Museo Histórico Militar)

Temática: Un espazo singular no que conxugar natureza e historia a través dos elementos que compoñen o lugar.

Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Social e cidadá. Lingüística

Ruta 2º EP. TESOUROS DE MARÍA PITA (Praza de María Pita)

Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zoas máis emblemáticas da cidade.

Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística

Persoas destinatarias

Alumnado do último curso das escolas infantís municipais (3º EI).

Alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria dos CEIP do concello da Coruña.

Período de realización

O programa das Rutas Urbanas Animadas realizarase durante os meses de marzo a maio de 2016.

Condicións do programa
  • Necesidade da presencia do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • O nº máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase, e a maiores un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considera necesario)
  • Os buses recollerán no centro aos escolares e ao profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os educadores das rutas non irán nos buses, estarán esperando no espazo onde se desenvolva a ruta.
  • Debido a que a demanda de rutas excede os máximos no calendario actual para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • NON SE PODERÁN REALIZAR CAMBIOS NAS DATAS ADXUDICADAS, polo que no caso de que non sexa posible a súa realización, serán anuladas.
  • As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, non poderá asignarse outra data de realización e devolverase a cota.
Horario

CALENDARIO E HORARIO

As rutas faranse do 19 de maio ata o 20 de xuño de 2016

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos (máis o tempo de chegada e saída no autobús):

Sesión 1: de 10.00 a 11.20 h.

Sesión 2: de 11.30 a 12.50 h.

Custo

1,50 € por alumno/a.

Unha vez confirmadas as rutas, poden facer o ingreso da cota entre o 12 e o 18 de maio de 2016, na conta de CaixaBank e o seu número é: ES37 2100 6359 5802 0006 1816.

Débese indicar no concepto o programa “Rutas Urbanas Animadas” e o nome do centro. E enviar o xustificante do pago ao enderezo electrónico ocio@fedapascoruna.org

Inscrición centros
Entidades colaboradoras
Inscrición
Inscrición centros
Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao
educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047
Fax: 981 18 43 7