Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiros sobre Saúde Afectivo-Sexual

Información xeral
Descrición

Programa educativo que comprende unha serie de Obradoiros sobre Saúde Afectivo-Sexual dende unha perspectiva de xénero, nos que se traballa nas diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten como persoas segundo sexamos mulleres ou homes e as repercusións que teñen nas nosas vidas.

A través destos obradoiros ofrecemos ferramentas educativas para promover unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira. Non existe unha sexualidade normal, axeitada ou correcta. Todo aquilo que provoque un desexo ou unha curiosidade, é adecuado. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable; o respecto cara a unha/un mesma/ou e cara ás demais persoas.

As actividades son participativas, adáptanse ás necesidades do alumnado e teñen como principal finalidade potenciar o respecto en temas sobre saúde sexual e afectiva, favorecendo habilidades de comunicación e actitudes tolerantes. Aplícase unha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que ás/vos participantes lles resulte doado falar das súas propias emocións e preocupacións.

Con este pograma educativo procuramos sensibilizar o alumnado de Educación Secundaria e Bacheralato sobre a importancia e influencia da educación afectivo-sexual nas nosas vidas e o impacto causado, neste ámbito, polos roles socialmente establecidos.

Salientar tamén que ao realizar estas actividades en coordinación co centro escolar potencian a sensibilización dos axentes educativos e a normalización dentro das aulas da educación sexual

Persoas destinatarias

Alumnado a partir de 2º curso da E.S.O. e Bacharelato de todos os centros públicos da cidade da Coruña.

Período de realización

Dende outubro de 2015 a maio de 2016.

Condicións do programa

A duración de cada obradoiro por grupo-aula establecerase a partir dun mínimo de 6 horas de duración cada un deles, acordando os horarios co centro educativo para poder realizalos

Horario

Lectivo dos centros educativos.

Custo

Gratis

Inscrición centros

Ficha Xeral

Do 10 ao 30 de setembro

Ficha específica de Servizos Sociais

Do 16 ao 30 de setembro

Novidades para este curso

Ampliación da oferta para segundo curso de secundaria e bacharelato.

Máis información

OBXECTIVOS

. Crear un espazo onde poder falar con liberdade, nun clima de confianza e dende a igualdade de xénero, en torno ao tema da sexualidade.

. Facilitar a revisión e cuestionamento de mitos e conceptos falsos relacionados coa expresión de emocións e sentimentos.

. Previr condutas e a linguaxe sexista traballando a corresponsabilidade.

. Incidir sobre temas relacionados cos dereitos sexuais e reprodutivos entre adolescentes.

. Cuestionar determinadas actitudes sexuais e afectivas (como poden ser as homófobas ou sexistas), potenciando a tolerancia e o respecto como base para unhas relacións positivas entre as persoas dende a igualdade de xénero.

Dotar de recursos e orientar para unha correcta toma de decisións e para a asunción das responsabilidades en relación a unha/un mesma/ou e cara ás demais persoas.

. Favorecer a prevención de condutas de risco nas relacións sexuais.

. Sensibilizar fronte aos conflitos entre desexos, valores, normas sociais e culturais.

. Proporcionar unha relación de recursos e servizos de interese para a xuventude (centros de atención psicoafectiva, teléfonos, correos electrónicos, webs oficiais...).

Centros onde se oferta

Centros públicos da cidade da Coruña de educación secundaria e bacharelato.

Inscrición
Inscrición centros

Ficha Xeral

Do 10 ao 30 de setembro

Ficha específica de Servizos Sociais

Do 16 ao 30 de setembro

Contacto
Información de contacto

Centro de Planeamento Familiar Municipal

R/ Tui, 19 (con rúa Miguel Servet). (15002)

planeamento.familiar.coruna@sergas.es

Tel. 981 18 42 72

Mariam Ferreiro

Chus Díaz