Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Escola municipal de música e Aula municipal de jazz e música moderna

Máis información

ÁREAS DE ENSINO:
A Escola organízase en cinco áreas:

  • Música e Movemento
  • Clásica.
  • Tradicional.
  • Jazz
  • Moderna.


1. ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO

  • PERSOAS DESTINATARIAS: escolares de 4 a 7 anos.

Poderán realizar a matrícula aqueles alumnos que cumpran 4 anos antes do 31 de decembro de 2013.
Unicamente poderán escoller instrumento os alumnos de 6 e 7 anos (nacidos nos anos 2006 e 2007).

  • ESTRUTURA: Terá na voz o instrumento principal e fundamentase na aprendizaxe de cancións, exercicios de audición, improvisación, etc.
  • INSTRUMENTOS: Os alumnos que escollan instrumento por primeira vez poderán optar por unha das seguintes especialidades: acordeón, clarinete, frauta, oboe, percusión, saxofón, trombón, trompeta, viola, violoncelo, gaita, piano, violín e guitarra (estes tres últimos con prazas limitadas); e os que posteriormente se instauren.


2. ÁREAS: CLÁSICA, TRADICIONAL, JAZZ E MODERNA

  • PERSOAS DESTINTARIAS: a partir dos 8 anos (inclusive)


A. XENERAL / PREPARATORIO

  • PERSOAS DESTINATARIAS: alumnado de novo ingreso, e a aqueles que non alcancen o nivel necesario de coñecementos musicais, para estudar na Áreas Específicas.

Consta de 4 cursos, nos que se imparten 3 materias semanais.


B. ÁREAS ESPECÍFICAS

  • PERSOAS DESTINATARIAS: alumnado que supere os 4 cursos da Área Xeral / Preparatorio.
  • Impártense tres materias semanais:
    • Linguaxe Musical: Desenvolveranse os seguintes apartados: Educación auditiva; Harmonía; e Introdución á Historia da Música.
    • Instrumento: A súa didáctica céntrase en dous aspectos fundamentais: Técnica do instrumento e improvisación; e coñecementos necesarios en lectura rítmica e melódica, para a participación nas agrupacións.
    • Agrupación: Trabállanse diferentes estilos de música, ademais de arranxo e composición. Concíbese como o núcleo principal da planificación curricular. A didáctica das clases exponse desde a programación das agrupacións, e desde aí deriva ás demais materias.
  • HORARIOS
    • OPCIÓN 1: Linguaxe Musical: luns. Instrumento: martes ou mércores. Agrupación: xoves.
    • OPCIÓN 2: Dirixido a alumnos maiores de 18 anos.
    • Só os venres (3 horas, de 16:30 a 19:30 h. ou de 17:30 a 20:30 h.).
    • Prazas limitadas que se adxudicarán por orde de formalización de matrícula.
  • INSTRUMENTOS QUE SE IMPARTEN:
    • Áreas Clásica, Jazz e Moderna: Acordeón, baixo eléctrico, canto lírico, canto moderno, clarinete, contrabaixo, frauta, guitarra clásica, guitarra eléctrica, oboe, percusión, piano e teclados, saxofón, trombón, trompeta, viola, violín, violoncelo (e os que posteriormente se instauren).
    • Área Tradicional: Gaita, percusión tradicional, e os que posteriormente se instauren.
      C. CURSO AVANZADO DE JAZZ

PERSOAS DESTINATARIAS: alumnado maior de 14 anos, sen límite de idade, que acreditarán o seu nivel por medio dunha proba (previa á admisión de solicitudes).

Consta de 4 horas semanais de clase.

HORARIO: de 19:30 a 21:30 h, os martes e mércores.
MATERIAS: Instrumento; Improvisación; Harmonía; Arranxo e Composición (todo iso baseado na agrupación).


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Para elevar paulatinamente a calidade do ensino, organizaranse periodicamente MASTERCLASSES ás cales poderán acceder os alumnos máis avantaxados, a criterio do seu profesor/a.

Ao longo do curso realízanse, tamén, “CLASES PÚBLICAS” (concertos, jam-sessions, etc.), nas que o alumno entra en contacto co escenario e o público, perdendo o medo escénico e adquirindo soltura en interpretación.