Índice
AVISOS

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude

Acceso ás fichas de solicitude
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Ágora

Información xeral
Descrición

O ÁGORA é un equipamento municipal integrado no que toda a cidadanía poderá atopar unha variada programación dirixida a todo tipo de públicos. Nas súas amplas instalacións calquera cidadán poderá dende realizar a suas xestións, acudir á biblioteca, ver unha exposición, reunirse cos amigos e amigas, participar nun taller ou asistir a unha obra de teatro ou danza. Dese xeito satisfaranse de forma interxeracional as necesidades formativas, lúdicas, sociais e culturais de variados sectores de públicos. Pero entre os obxectivos do Centro Ágora non só está dar resposta ás necesidades actuais senón tamén avanzar solucións ás futuras de forma tal que moitos dos seus programas serán pioneiros e terán un marcado carácter innovador.

Con ese obxectivo esforzámonos en promover o acceso universal —coas mesmas oportunidades para todos e todas— ao coñecemento artístico e social ou á creación e divulgación de información científica e técnica, incluíndo iniciativas participativas. A capacidade universal de acceder e contribuír á información, ás ideas e ao coñecemento é un elemento indispensable para construír unha sociedade avanzada centrada na persoa, integradora e orientada ao desenvolvemento, na que todos poidan crear, consultar, utilizar e compartir a información e o coñecemento. Para que toda a cidadanía poida empregar plenamente as posibilidades da cultura na promoción do desenvolvemento sustentable e na mellora da calidade de vida nace o Centro Ágora co obxectivo de crear un equipamento integrado e interxeracional que dea respostas efectivas ás demandas sociais dos nosos días.

PROGRAMA DE LECER CULTURAL E SOCIAL

Este programa xestiónase grazas a un convenio de colaboración con Radio ECCA Fundación para a educación de adultos.

  • Obxectivos:
    • Dar alternativas para o tempo libre dos cidadáns levando a cabo actividades que permitan o desenvolvemento de distintas habilidades que sirvan para a adquisición de capacidades e que lles resulten gratificantes e enriquecedoras.
    • Promover valores de educación cívica establecendo espazos e momentos de relación social, fomentando a integración das persoas desde un programa formativo e desenvolvendo estratexias para unha mellor convivencia
    • Utilizar a cidade e os seus recursos como referencia e recurso de formación permanente da cidadanía, co obxecto de converter a cidade e o medio urbano como elementos de onde parten centros de interese permanentes
    • Potenciar a demanda da cidadanía na oferta de lecer e educación permanente, a través de actividades puntuais que amosen o valor da proposta formativa do Fórum.
    • Fomentar a sociabilidade das persoas, potenciando as relacións entre os participantes e evitando, na medida do posible, a formación de grupos uniformes de idade, sexo, etc.

Descrición:

O programa está constituído por talleres, clubs, círculos, campamentos e outras actividades puntuais.

1. TALLERES:

- Abordan unha diversidade de contidos. Desenvólvense en dous ciclos:

o Programa de outono, de setembro a decembro.

o Programa de primavera, de febreiro a maio.

- Dentro de cada ciclo a duración dos talleres é variable e están dirixidos por un profesional especialista.

- Destinatarios: a oferta vai dirixida ás persoas empadroadas no municipio con carácter preferente.

- Condicións de participación:

o Débese realizar unha inscrición para cada ciclo.

o Cada persoa só se pode inscribir ao mesmo tempo nun máximo de dous talleres (nas outras actividades non hai límite). Se quedan prazas sen cubrir nalgún taller, poderán acceder a elas todos os interesados, aínda que xa teñan cuberta a cota anterior.

o As prazas vanse adxudicando por sorteo.

o Cando un taller sexa continuación doutro convocado con anterioridade, teñen preferencia para acceder a el as persoas que fixeron o anterior.

2. CLUBS

- Destinatarios: están constituídos por persoas, sen límite de idade e interesadas nun mesmo tema ou que teñen unha mesma afección e queren desenvolvela.

- Condicións de participación:

o Fórmanse tras petición dos interesados e unha vez designada unha persoa voluntaria que asumirá tarefas de coordinación e dinamización dentro do grupo.

o Unha vez constituído un club, as persoas interesadas en integrarse nel deberán cubrir unha solicitude e esperar a que existan prazas dispoñibles.

4. ACTIVIDADES PUNTUAIS

Son propostas específicas sobre temáticas concretas, festividades de relevancia ou tradición ou con motivo da clausura do programa, cun carácter aberto para a cidadanía e procurando o protagonismo das persoas inscritas na organización. Co fin de ofrecer momentos de recreación puntuais ao longo da tempada e de que se coñeza a oferta e a dinámica do centro, ademais de potenciar a relación entre os participantes do programa de lecer.

OFERTA PROGRAMA DE OCIO

OFERTA

N.º de talleres

34

Prazas

800

Nº de clubes

5

Participantes

120

Campamentos de Verano

416

Contacto
Información de contacto

ÁGORA

Sede:r/ Agora s/n (15010)

Teléfono 981 189 888

Correo electrónico: agora@coruna.es

Responsable: Begoña Llamosas