Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Libro Dixital 2014-2015

Servizo Municipal de Educación

O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamento do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención no marco das actividades complementarias e extraescolares, que se planifican desde a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude.

I. COMPETENCIAS MUNICIPAIS EN EDUCACIÓN

  1. MANTEMENTO DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (CEIPS) DO CONCELLO
    1. Limpeza
    2. Mantemento de ascensores
    3. Mantemento de xardíns
    4. Vixilancia: servizo de vixilancia e conserxería nos CEIPs e a súa formación e seguemento
  2. OBRAS NOS CEIPS
  • Obras de mantemento (pequenas reparacións)

3. OUTRAS COMPETENCIAS

  1. Escolas Infantís Municipais
  2. Consello Escolar Municipal
  3. Representantes municipais en Consellos Escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos
  4. Representacións municipais nas comisións de escolarización, de concertos de centros e de absentismo escolar
  5. Cesión de terreos para construcións escolares non universitarias
  6. Desafectacións de edificios escolares

II. PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
A organización, realización e avaliación dos diferentes programas e accións integradas no programa educativo municipal “Coruña Educa”.

2.1. Marco de referencia
A acción educativa municipal toma como referencia os seguintes documentos e principios:O Marco Estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e da formación, establecido polo documento da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea “Educación e Formación 2020”. En concreto, as oito competencias clave:

  • Comunicación na lingua materna
  • Comunicación nunha lingua extranxeira
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Sentido da iniciativa e o espírito de empresa
  • Conciencia e expresións culturais
  • Os principios propostos na Carta de Cidades Educadoras a cuxa rede internacional pertence a nosa cidade. Entre outros, os seguintes:
    • A acción educativa municipal entenderase referida a un contexto máis amplo inspirado na equidade, a cohesión social, a cidadanía activa, a calidade de vida e a promoción dos seus habitantes.
    • A acción educativa municipal deberá ter información precisa sobre a situación e necesidades do alumnado. Neste sentido, realizarase un seguemento de cada programa educativo avaliando a súa eficiencia así como o impacto educativo e formativo que produce no seus beneficiarios.
    • A acción educativa municipal deberá garantir información suficiente e comprensible aos centros, alumnado e ás súas familias. En consecuencia, cada programa será explicado e divulgado coa suficiente antelación para que os centros educativos e as familias decidan libremente a súa participación
  • “Coruña Educa “ buscará a excelencia na súa organización, realización e resultados. Para isto activaranse dous procesos:
    • A preparación dos diferentes educadores por medio de actividades específicas de formación orientadas á natureza da actividade educativa a desenvolver, así como ao trato e metodoloxía dispensadas dacordo coas necesidades do alumnado participante.
    • A avaliación de cada programa por parte do SME, entidades colaboradoras, centros educativos, participantes e familias así como a información e divulgación dos resultados á comunidade educativa.

2.2. Obxectivos
“Coruña Educa” é o programa educativo municipal do actual Goberno Local que ten como obxectivos preferentes:

  1. O entretemento e a formación do alumnado en horario complementario e extraescolar, así como a conciliación da vida familiar e profesional.
  2. Crear unha estrutura educativa capaz de relacionar os diferentes programas e accións de tal forma que garante ao alumnado unha continuidade e coherencia na sua participación e formación, sempre adaptada á súa idade e ás súas necesidades.
  3. Organizar unha oferta única de programas e accións educativas municipais, aberta á participación de todos os centros da cidade, que posibilite a igualdade de oportunidades para o alumnado e as súas familias, garantindo unha inclusión real que axude a superar calquer tipo de discriminación.
  4. Traballar as competencias emocionais do alumnado así como o seu potencial creativo por medio de accións que incentiven as emocións positivas, a empatía e a creatividade.
  5. Espertar o espírito crítico, innovador e científico no alumnado por medio da realización de actividades adecuadas ás súas necesidades así como o aproveitamento dos Museos Científicos da cidade.
  6. Establecer unha estrutura que posibilite a formación en linguas estranxeiras desde a etapa de Infantil até o Bacharelato, orientada á certificación dos diferentes niveis do Marco Común Europeo das Linguas.
  7. A adquisición de hábitos saudables de vida por parte do alumnado será un obxectivo prioritario a acadar por medio de tres accións educativas:
    1. EducaSaúde, programa específico para alumnado e as súas familias a desenvolver en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos da cidade.
    2. Impulso do Deporte no centro incorporando máis disciplinas e máis participantes.
    3. A organización da II edición dos Xogos escolares na etapa de primaria e secundaria.
  8. Por último, converter a avaliación dos resultados acadados nos diferentes programas e accións educativas como o procedemento característico e sistemático do SME, co fin de garantir a participación dos diferentes sectores da comunidade educativa e conseguir a excelencia a partir dos obxectivos formulados.