Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Xogos Escolares

Información xeral
Descrición

Son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até Bacharelato e FP (media e superior) de centros educativos da cidade.

Teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado. O carácter de apertura que presentan os xogos, ao dirixirse aos/ás rapaces/as dos diferentes centros docentes da cidade en xeral, posibilita que calquera alumno/a (do rango de idades marcadas), federado/a ou non, poda participar nos diferentes torneos.

Na parte máis específica do proxecto, os Xogos Escolares pretenden cubrir o espazo cubrir o espazo baleiro do deporte federado e do deporte escolar (Deporte Galego) potenciando a simbiose entre os recursos do Concello e a estrutura dos principais clubs da cidade coa oferta dunha competición adaptada á idade biolóxica dos nenos/as.

Persoas destinatarias

XOGOS ESCOLARES EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Nesta etapa educativa, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades dos/as participantes en dúas categorías mixtas.

CATEGORÍAS

BENXAMÍN: escolares matriculados/as en 2º, 3º e 4º curso

ALEVÍN: escolares matriculados/as en 5º e 6º curso

MODALIDADES DEPORTIVAS

III Torneo escolar de baloncesto

III Torneo escolar de balonmán

III Torneo escolar de xadrez

II Torneo escolar de voleibol (só alevín)

II Torneo escolar de waterpolo (só alevín)

I Torneo escolar de tenis

XOGOS ESCOLARES NA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Nestas etapas educativas, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades dos participantes

CATEGORÍAS

CATEGORÍA A: ESO

CATEGORÍA B: BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

MODALIDADES DEPORTIVAS

III Torneo Municipal de baloncesto (masculino)

III Torneo Municipal de baloncesto (feminino)

III Torneo Municipal de balonmán (masculino)

III Torneo Municipal de fútbol 11 (masculino)

III Torneo Municipal de fútbol 7 (feminino)

II Torneo Municipal de voleibol

II Torneo Municipal de waterpolo

Período de realización

De novembro de 2014 a maio de 2015

Horario

· Para Educación Primaria: Os Xogos Escolares terán lugar un día á semana en horario de 18:00 a 20:00h.

· Para Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos: Os Xogos Escolares terán lugar un día á semana en horario de 15:00 a 18:00h.

Custo

· Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes.

· A inscrición nos Xogos implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe e acompañamento o día da competición.

· Para os grupos formados fóra do programa Deporte no Centro habilitarase persoal responsable para cada grupo inscrito nos Xogos

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 10 de outubro

Inscrición alumnado

Prazo de inscrición: Do 1 ao 19 de outubro de 2014

A inscrición realizarase a través da web www.coruna.es/deportes, cumprimentando o formulario de solicitude.

En primeiro lugar será o “promotor” do equipo [colexio/clube/anpa/familia ou persoa individual] quen cubra o formulario de inscrición.

Posteriormente, terá que cubrirse o formulario do equipo e un individual do xogador/a, agás no caso do xadrez, donde só será necesaria o formulario individual.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: NÚMEROS MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Cada centro educativo ou ANPA poderá inscribir tantos equipos como quera, cos números máximos e mínimos establecidos:

- Baloncesto Primaria (3x3) mín. 5 / máx. 9 ; Eso, Bachillerato e FP Masculino (3x3) mín.5 / máx. 9

- Balonmano Primaria (5x5) mín 8 / máx. 15 ; Eso, Bacharelato e FP (4x4) mín.6 / máx.12

- Xadrez Primaria (individual) mín. 1 / máx. 1

- Voleibol Primaria Benxamin (3x3) mín. 5 / máx. 9 ; Alevín (4x4) mín 6 / máx. 12

- Fútbol 11 Eso, Bacharelato e FP [masculino] (11x11) mín. 15 / máx. 20

- Fútbol 7 Eso, Bacharelato e FP [femenino] (7x7) mín. 10 / máx. 20

- Fútbol sala Eso, Bacharelato e FP [masculino] (4x4) mín. 8 / máx. 15

- Waterpolo Eso, Bacharelato e FP [mixto] (6x6) mín. 8 / máx.15

(*)Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no torneo elixido e no tramo de idade que lle corresponda ás persoas solicitantes, e sexa posible organizativamente

Máis información

DEPORTES PROPOSTOS:

Para o curso 2014/2015, Xogos Escolares contará coas seguintes modalidades deportivas:

· Baloncesto (Primaria e ESO)

· Fútbol 11 masculino (ESO e BACH+ciclos)

· Fútbol 7 femenino (ESO e BACH+ciclos)

· Fútbol Sala (ESO e BACH+ciclos)

· Voleibol (Primaria)

· Axedrez (Primaria)

· Balonmán (Primaria e ESO)

· Waterpolo (ESO e BACH+ciclos)

· Tenis (Primaria)

Entidades colaboradoras

Baloncesto: Club Básquet Coruña

Voleibol: Club Voleibol Zalaeta

Balonmán: Club Balonmano OAR Ciudad Vieja

Xadrez: Asociación Galega de Axedrecistas

Waterpolo: Asociación Coruñesa de Waterpolo

Fútbol y Fútbol Sala: Asociación Coruña Metropolitana

Persoal: Federación provincial de Anpas de Centros Públicos

Escuela de Tenis Marineda

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 10 de outubro

Inscrición alumnado

Prazo de inscrición: Do 1 ao 19 de outubro de 2014

A inscrición realizarase a través da web www.coruna.es/deportes, cumprimentando o formulario de solicitude.

En primeiro lugar será o “promotor” do equipo [colexio/clube/anpa/familia ou persoa individual] quen cubra o formulario de inscrición.

Posteriormente, terá que cubrirse o formulario do equipo e un individual do xogador/a, agás no caso do xadrez, donde só será necesaria o formulario individual.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: NÚMEROS MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Cada centro educativo ou ANPA poderá inscribir tantos equipos como quera, cos números máximos e mínimos establecidos:

- Baloncesto Primaria (3x3) mín. 5 / máx. 9 ; Eso, Bachillerato e FP Masculino (3x3) mín.5 / máx. 9

- Balonmano Primaria (5x5) mín 8 / máx. 15 ; Eso, Bacharelato e FP (4x4) mín.6 / máx.12

- Xadrez Primaria (individual) mín. 1 / máx. 1

- Voleibol Primaria Benxamin (3x3) mín. 5 / máx. 9 ; Alevín (4x4) mín 6 / máx. 12

- Fútbol 11 Eso, Bacharelato e FP [masculino] (11x11) mín. 15 / máx. 20

- Fútbol 7 Eso, Bacharelato e FP [femenino] (7x7) mín. 10 / máx. 20

- Fútbol sala Eso, Bacharelato e FP [masculino] (4x4) mín. 8 / máx. 15

- Waterpolo Eso, Bacharelato e FP [mixto] (6x6) mín. 8 / máx.15

(*)Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no torneo elixido e no tramo de idade que lle corresponda ás persoas solicitantes, e sexa posible organizativamente

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

educacion@coruna.es

xogosescolares@coruna.es

Tel. 981 184 200